Stratos

De Wiki Aller
Stratos
miniatura da obra
Curso
1º de bacharelato
Carácter
Obrigatoria
Materia
Lingua galega e literatura I
Departamento
Departamento de lingua galega e literatura
Temporalización


Stratos é unha BD de Miguelanxo Prado. Componse de seis relatos gráficos de oito páxinas cada un e un sétimo relato (de catro páxinas) que funciona a xeito de epílogo.

Esta é a presentación editorial:

"Coa liberdade que outorga situar a acción nun tempo futuro, Miguelanxo Prado deseña neste álbum, mergullándose nas claves da ciencia ficción distópica, unha sociedade baseada no consumo e na que predominan o racismo, a corrupción e a destrución sen control dos recursos naturais. Cun discurso duro e cruel por veces, mais non exento de certos acenos cómicos, asistimos ás teimas e obsesións de todos os seres que compoñen eses estratos tan ferreamente delimitados desde o nivel máis baixo, o dos “proletas”, ata o composto polas oito persoas que, á sombra do poder económico, controlan todos os gobernos mundiais. Unha intelixente e funcional construción narrativa apoiada por un abraiante despregamento de recursos gráficos que segue a cativar, malia o tempo transcorrido desde a súa primeira aparición por entregas nas páxinas da revista Zona 84 e posteriormente como álbum en 1987, se cadra porque estamos perante unha desas boas historias de ciencia ficción que funcionan como espello do que somos."


Departamento de Lingua e Literatura galegas

Carácter / nivel : Obrigatorio / 1º BAC

Tempo: 1º/2º trimestre

Tratamento previo: Breve aproximación á obra do autor.

Obxectivos: Lectura literaria. Lectura comprensiva. Exploración dos códigos BD

Avaliación: Control escrito.

Contidos curriculares: Análise e interpretación de banda deseñada.


Número de exemplares na Biblioteca

PRADO, Miguelanxo (2010): Stratos. Santiago de Compostela: El patito editorial. ISBN 84-7507-431-6: 7 exemplares

Ligazóns

Ligazóns externas

Stratos, referencias á obra no blogue Marela B.D

Amplo informe de José A. Serrano, en Guía del Cómic sobre Miguelanxo Prado

O sitio de Miguelanxo Prado.