Os vellos non deben de namorarse

De Wiki Aller
Os vellos non deben de namorarse
miniatura da obra
Curso
2º BAC
Carácter
Obrigatorio
Materia
Literatura galega do S.XX
Departamento
Lingua galega e literatura
Temporalización
Decembro


Os vellos non deben de namorarse é a única obra teatral de Castelao. O tema central da obra xira arredor dos amores serodios, desencadeante do conflito dramático, e a morte. Os amores do vello pola moza é un tema presente, con distintos tratamentos, na literatura culta e popular de todos os tempos e latitudes. A morte é elemento elixido para resolver o conflito.

Esta dobre temática -amor e morte- toma corpo no personaxe do vello e nela ensaríllanse diversos subtemas como a natureza da felicidade, o casamento de comenencia, o motivo da malcasada, a decadencia da fidalguía ou o amor por interese fronte ao amor sentimento.

A singularidade da obra non radica, pois, nos temas seleccionados senón no seu tratamento escénico e artístico. A integración de elementos populares e tradicionais coas novas formas do teatro europeo do momento supoñen unha proposta para crear un teatro galego da arte e teñen maior significación histórico-literaria que o tema en si.

Por outra banda, o tratamento faise en clave de farsa: alternancia de elementos tráxicos, cómicos e traxicómicos.


Departamento de Lingua e Literatura galegas

Tratamento previo: Introdución xeral á linguaxe teatral. Lectura dramatizada na clase.

Obxectivos: Lectura e análise literaria.

Avaliación: Análise dun fragmento.

Contidos curriculares: Análise e interpretación de textos literarios.


Outros de departamentos

MM

Número de exemplares na Biblioteca

  • CASTELAO, Daniel Alfonso R.: Os vellos non deben de namorarse: Farsa en tres actos con un prólogo. --Vigo :Galaxia, 1988. --121 p. ISBN 84-7154-165-3. 2 exemplares
  • CASTELAO, Daniel Alfonso R.: Os vellos non deben de namorarse. / Alfonso R. Castelao. --Santiago de Compostela :Igaem, 2000. --199 p. : il. cor. ;24 cm. -- (Centro Dramático Galego; 22) Contén a edición facsímile da primeira edición da editorial Galaxia, do ano 1953. -- ISBN 84-453-2681-3. 1 exemplar
  • CASTELAO, Daniel Alfonso R.: Os vellos non deben de namorarse /Alfonso R. Castelao ; dirección: Manuel Areoso ; produción Centro Dramático Galego. --Santiago de Compostela :Igaem, 2000. --1 videodisco DVD. 1 exemplar

Ligazóns

De elaboración propia

Os vellos non deben de namorarse : Curso na Aula Virtual. Esixe chave de acceso

Ligazóns externas

Castelao : Magnífica aproximación a Castelao na Galipedia

Debuxos Dixitalización dos debuxos orixinais de Castelao para a versión definitiva d'Os vellos non deben de namorarse no Museo de Pontevedra.