Lisístrata

De Wiki Aller
Lisístrata
miniatura da obra
Curso
1º de Bacharelato
Carácter
Obrigatorio
Materia
Grego I
Departamento
Grego
Temporalización
1ª avaliación


Lisístrata é o título dunha comedia de Aristófanes na que o autor nos presenta algo inconcibible: as mulleres organízanse e loitan para conseguir a paz despois de tantos anos da Guerra do Peloponeso. As súas armas? Unha folga sexual. A primeira representación desta obra data do 411 adC.


Departamento de Grego

  • Tratamento previo: Introdución xeral á época, ao teatro grego e á guerra do Peloponeso.
  • Obxectivos: Lectura literaria. Lectura comprensiva. Introdución aos textos clásicos, aos libros doutras xentes e de outras épocas
  • Avaliación: Control escrito (incluirase unha(s) pregunta(s) no exame da avaliación.
  • Contidos curriculares: Análise e interpretación de textos literarios. A muller en Grecia.
  • Contidos transversais: A muller.

Outros departamentos

Número de exemplares na Biblioteca

  • ARISTÓFANES (2008): Las nubes, Lisístrata, Dinero Introducción, traducción y notas de Elsa García Novo. El libro de bolsillo. Clásicos de Grecia y Roma. 8222. Alianza editorial. Madrid. 4 exemplares.
Esta é a que vos recomendo.
  • ALONSO, Eduardo & GUEDE OLIVA, Manuel (1997): Lisístrata ou de cando as mulleres reviraron de Aristófanes. Centro Dramático Galego: 13. Igaem. Santiago de Compostela. 1 exemplar.
[Esta é a adaptación que fixo o Centro dramático galego de Lisístrata: non é unha tradución da obra, senón unha adaptación na que, ademais, incluíron elementos d'As Asembleístas, do mesmo autor.]
  • ALONSO, Eduardo (dir.) (2004): Lisístrata ou de cando as mulleres reviraron de Aristófanes. Centro Dramático Galego. Igaem. Santiago de Compostela. [DVD]. 1 exemplar.
[Esta é a gravación dunha representación da adaptación que vimos de citar, aínda que ten como aliciente a presenza no público de xente importante.]

Ligazóns

De elaboración propia

Ligazóns externas

  • Dálle aquí para saber algo sobre o autor: Aristófanes.
  • Aquí tes máis información sobre esta obra na Galipedia.
  • Neste artigo poderedes informarvos sobre a Guerra do Peloponeso.
  • Aquí, unha mostra da vixencia de Lisístrata.