Galicia en liquidación

De Wiki Aller
Galicia en liquidación
miniatura da obra
Curso
2º BAC
Carácter
Obrigatorio
Materia
Lingua galega e literatura II
Departamento
Lingua galega e literatura
Temporalización
Xaneiro / Febreiro


Galicia en liquidación: feridas no mapa antropolóxico (2013) é a transcrición dunha charla de Marcos Lorenzo, impartida no seminario As feridas do territorio. Xornada de Filosofía e Paisaxe, organizado polo Ateneo de Pontevedra en colaboración co Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. 27 de xaneiro de 2007.

Na edición díxital realizada por [Somos Ninguén. Ideas para o común], o libro preséntase deste xeito:

En tan só 40 anos Galicia executou unha dobre pirueta mortal: por unha parte mudou radicalmente a súa base económica e cultural, abandonándose desmaiada nos brazos da modernidade; pola outra, incorporouse á aceleración tecnolóxica global e aos profundos cambios sociais da era do consumo. A combinación de ambos tremores provocou severas disfuncións de toda orde, sexa na esfera psicosocial (neurose e desvertebración) ou sexa na escala das políticas públicas (mimetismos improvisados e depredacións de curto prazo). Estamos pois inmersos nun período histórico de liquidación, na acepción máis ampla da palabra. [1]


Departamento de Lingua e Literatura galegas

Tratamento previo: Introdución ao ensaio.

Obxectivos: Aproximación ao proceso de transformación da cultura agraria no último terzo do século XX.

Avaliación: Debate e análise de textos expositivos e argumentativos.

Contidos curriculares: Contexto histórico. Xéneros literarios: o ensaio


Outros de departamentos

MM


Notas

  1. op. cit., p. 5, consultada 14/1/2004

Ligazóns

Descarga Galicia en liquidación: feridas no mapa antropolóxico en PDF, desde felixrodrigomora.org

Páxina de Somos ninguén.org

LORENZO, Marcos (2013): Vividores: Vol. 1: Karlotti, un poema crónico. Axóuxere. Rianxo.