Como citar unha obra

De Wiki Aller

Cando elaboramos un traballo do tipo que sexa, necesitamos obter informacións, modelos, exemplos ou outro tipo de datos. Estes podemos extraelos de varias fontes: libros, artigos de revistas, enciclopedias, internet, películas, documentais, xornais, cancións,… Con todo isto ben organizado, presentamos o traballo.

En toda obra ben feita cómpre que citemos esas fontes das que sacamos os datos: unha por recoñecemento ao labor dos demais e outra porque, deste xeito, quen reciba o noso traballo poderá comprobar en por si a veracidade dos datos que achegamos: isto é o que chamamos unha bibliografía.

Como se elabora? En xeral, hai unha serie de datos comúns: o autor[1], o título, o ano de publicación, etc. Con esta información [2], quen se interese ha poder localizar facilmente a obra en cuestión e o lugar de orixe dos nosos datos [3].

Imos ver como podemos citar os distintos formatos:

Citación segundo formato

Libros e banda deseñada

  • Un só autor:
MODELO EXEMPLO
APELIDO APELIDO, Nome (ano): Título do libro. Editorial. Lugar de Edición MÉNDEZ FERRÍN, Xosé Luís (1987): Bretaña, Esmeraldina. Xerais. Vigo.
  • Se hai dous autores:
MODELO EXEMPLO
APELIDO APELIDO, Nome & APELIDO APELIDO, Nome (ano): Título do libro. Editorial. Lugar de Edición GOSCINNY, René & UDERZO, Albert (1992): Astérix: O combate dos xefes. Grijalbo-Dargaud. Barcelona
  • Se hai tres ou máis autores: ...
MODELO EXEMPLO
APELIDO APELIDO, Nome (et al.) (ano):Título do libro. Editorial. Lugar de Edición HERNÁNDEZ MORALES, Víctor (et al.) (1992): Matemáticas básicas. UNED. Madrid.
et al. é a sigla da locución latina et alii, que significa e outros.
  • Se é parte dun volume colectivo:
MODELO EXEMPLO
APELIDO APELIDO, Nome (ano):Título do artigo en APELIDO APELIDO, Nome (ed): Título do volume. Editorial. Lugar de Edición. pp. XX-YY ARNALDO ALCUBILLA, Francisco Javier (2004): El movimiento romántico. en BOZAL FERNÁNDEZ, Valeriano (ed.): Historia de las ideas estéticas y de las teorías artísticas contemporáneas. Machadolibros. Madrid. pp. 201-211.
ed. correspóndese co editor da obra, tamén pode aparecer Coord., é dicir, Coordinador.

Artigo de revista

MODELO EXEMPLO
APELIDO APELIDO, Nome (ano): "Título do artigo". Nome da Revista. Número da revista. pp. XX-YY DOCOBO DURANTEZ, José Ángel (2007): "O observatorio astronómico de Monte Faro". Descubrindo, Anuario de Estudios e Investigación de Deza. IX. pp. 365-375.


  • Se hai dous ou máis autores:


Trátanse como vimos no apartado Libros e Banda Deseñada.

Enciclopedia

MODELO EXEMPLO
NOME DA ENCICLOPEDIA: s.u. XXXX ENCICLOPEDIA GALEGA UNIVERSAL: s.u. clima
s.u. é a abreviatura da expresión latina sub uoce, que significaría máis ou menos na palabra...

Xornal

  • Se non está asinado:
MODELO EXEMPLO
NOME DO XORNAL (Data): nº XXX p. YY LA VOZ DE GALICIA (27-I-2011): nº 42856 p. 10.
  • Se está asinado:
MODELO EXEMPLO
APELIDO APELIDO, Nome (Ano): "Título". Nome do xornal (Data) nº XXX p. YY ALCALÁ NAVARRO, Xavier (2011): "Copaguemos o SERGAS". La Voz de Galicia (27-I-2011) nº 42856 p. 13.

Internet

MODELO EXEMPLO
NOME DA PÁXINA WEB. Enderezo electrónico. [Consultado o XX-XX-XXXX] IKEA. http://www.ikea.com/es/es/preindex.html. [Consultado o 20-I-2011]
  • Artigos dunha Wikipedia.
Para citarmos un artigo da Wikipedia cómpre que teñamos en conta que hai moitas versións desta enciclopedia, polo que debemos especificar en cal delas obtivemos os datos; para o facer, fixémonos no seu enderezo web e vexamos que antes da palabra wikipedia aparecen unhas letras (normalmente dúas) que a identifican. Por exemplo, a versión galega (a Galipedia) ten gl.
MODELO EXEMPLO
XX.wikipedia. s.u. XX. [Consultado o XX-XX-XXXX] gl.wikipedia. s.u. Hititas. [Consultado o 20-I-2011]

Películas e documentais

MODELO EXEMPLO
APELIDO APELIDO, Nome (ano): Título. Editorial. Lugar de publicación. [formato] WEDGE, John Christopher (2002): Ice age. Twentieth Century Fox Entertainment. Madrid [DVD].

Música

  • Música clásica:
MODELO EXEMPLO
APELIDO APELIDO, Nome (ano): Título. BEETHOVEN, Ludwig van (1800): Sonata para piano e trompa en fa maior, op. 17.
op. é a abreviatura da palabra latina opus que, seguida dun número, serve para referenciar as obras dun compositor.
  • Outras:
MODELO EXEMPLO
AUTOR (ano): Canción (álbum). [formato]. Discográfica MUSE (2003): Hysteria (Absolution). [canción]. Taste Music Limited.

Artes Plásticas

MODELO EXEMPLO
OBRA (ano): Autor. Lugar onde se atopa. [tipo de obra]

LAS MENINAS (1656): Velázquez, Diego. Museo del Prado. [cadro]

Fotos

  • Se a obtemos de internet.
MODELO EXEMPLO
TÍTULO: URL. [formato]

MARLON BRANDO 1948.jpg: http://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Marlon_Brando_1948.jpg [foto]

  • Se a obtemos nun libro.
MODELO EXEMPLO
TÍTULO en APELIDO APELIDO, Nome (ano): Título do libro. Editorial. Lugar de edición. páxina [formato]

CAPELA DE NOSSA SENHORA DA SAÚDE (VILAR DE PERDIZES) en RODRÍGUEZ CRUZ, José & FONTES, António Lourenço (2004): Mitos, crenzas e costumes da Raia Seca. A máxica fronteira Galego-Portuguesa. Ir Indo. Vigo. p. 56. [foto].

Referencias

  • ARIAS LÓPEZ, Valentín (1989): ¿Como se fai nun libro?. Consellería de Cultura e Deportes. Xunta de Galicia.

Ligazóns externas

Guía para a confección dunha bibliografía feita polo equipo da Biblioteca do IES Poeta Añón de Outes (A Coruña). Ten algunhas erratas.

Notas

  1. Para citarmos o autor dunha obra, aquí seguimos o modelo APELIDO APELIDO, Nome. Isto é válido para españois e países de fala española. Para autores portugueses, suecos, noruegueses, daneses, finlandeses ou rusos, a citación farase polo segundo apelido: así, Johan Nordahl Brun Grieg vai aparecer como GRIEG, Johan Nordahl Brun. No caso dos nomes cun só apelido poñerase este seguido do nome cunha coma no medio (VERNE, Jules). En canto ás partículas que acompañan ás veces os apelidos, en xeral antepóñense a estes (DE NIRO, Robert) agás o von do alemán (PAPEN, Bernher von) e o de con valor nobiliario do francés (BALZAC, Honoré de). Para máis referencias cf. ARIAS (1989:16-21).
  2. Se se descoñece o nome do autor, póñense as siglas s.n. (sine nomine en latín), se o que non se sabe é a data escríbese s.d. (sine data, tamén en latín) e se non se coñece o lugar de edición s.l. (sine loco).
  3. Se descoñecemos algún dos datos dun libro ou artigo podemos informarnos en páxinas web como son as da Axencia Española do ISBN ou en DIALNET