Cando elaboramos un traballo do tipo que sexa, necesitamos obter informacións, modelos, exemplos ou outro tipo de datos. Estes podemos extraelos de varias fontes: libros, artigos de revistas, enciclopedias, internet, películas, documentais, xornais, cancións,… Con todo isto ben organizado, presentamos o traballo.
En toda obra ben feita cómpre que citemos esas fontes das que sacamos os datos: unha por recoñecemento ao labor dos demais e outra porque, deste xeito, quen reciba o noso traballo poderá comprobar el mesmo a veracidade dos datos que achegamos: isto é o que chamamos unha bibliografía.
Como se elabora? En xeral, hai unha serie de datos comúns: o autor, o título, o ano de publicación, etc. Con esta información, o interesado ha poder localizar facilmente a obra en cuestión e o lugar de orixe dos nosos datos.
Imos ver como podemos citar os distintos formatos:
Citación segundo formato
Libros e banda deseñada
Un só autor:
MODELO |
EXEMPLO
|
APELIDO APELIDO, Nome (ano): Título do libro. Editorial. Lugar de Edición |
FERREIRO GONZÁLEZ, Antón (2008): Como se escribe un libro? Toxosoutos. Noia
|
Se hai dous autores:
MODELO |
EXEMPLO
|
APELIDO APELIDO, Nome & APELIDO APELIDO, Nome (ano): Título do libro. Editorial. Lugar de Edición |
GOSCINNY, René & UDERZO, Albert (1992): Astérix: O combate dos xefes. Grijalbo-Dargaud. Barcelona
|
Se hai tres ou máis autores: ...
MODELO |
EXEMPLO
|
APELIDO APELIDO, Nome (et al.) (ano):Título do libro. Editorial. Lugar de Edición |
PÉREZ FERREIRO, André (et al.) (1992): O mundo da impresión. Tusquets. Barcelona
|
Se é parte dun volume colectivo:
MODELO |
EXEMPLO
|
APELIDO APELIDO, Nome (ano):Título do artigo en APELIDO APELIDO, Nome (ed): Título do volume. Editorial. Lugar de Edición. pp. XX-YY |
PÉREZ FERREIRO, André (1992): O mundo da impresión. en MÉNDEZ CARREIRO, Pedro (ed.): O libro. Tusquets. Barcelona. pp. 336-395.
|
- ed. correspóndese co editor da obra, tamén pode aparecer Coord., é dicir, Coordinador.
Artigo de revista
MODELO |
EXEMPLO
|
APELIDO APELIDO, Nome (ano): "Título do artigo". Nome da Revista. Número da revista. pp. XX-YY |
FERREIRO GONZÁLEZ, Antón (2008): "A arte de escribir libros". Verba. XXXI. pp. 6-27
|
Se hai dous ou máis autores
Trátanse como vimos no apartado Libros e Banda Deseñada.
Enciclopedia
MODELO |
EXEMPLO
|
NOME DA ENCICLOPEDIA: s.u. XXXX |
ENCICLOPEDIA GALEGA UNIVERSAL: s.u. clima
|
- s.u. é a abreviatura da expresión latina sub uoce, que significaría máis ou menos na palabra...
Xornal
Se non está asinado:
MODELO |
EXEMPLO
|
NOME DO XORNAL (Data): nº XXX p. YY |
LA VOZ DE GALICIA (23-II-2005): nº 658 p. 35
|
Se está asinado:
MODELO |
EXEMPLO
|
APELIDO APELIDO, Nome (Ano): Nome do xornal (Data) nº XXX p. YY |
FERREIRO GONZÁLEZ, Antón (2005): La Voz de Galicia (23-II-2005): nº 658 p. 35
|
Internet
Artigos dunha Wikipedia.
Para citarmos un artigo da Wikipedia cómpre que teñamos en conta que hai moitas versións desta enciclopedia, polo que debemos especificar en cal delas obtivemos os datos; para o facer, fixémonos no seu enderezo web e vexamos que antes da palabra wikipedia aparecen unhas letras (normalmente dúas) que a identifican. Por exemplo, a versión galega (a Galipedia) ten gl.
MODELO |
EXEMPLO
|
XX.wikipedia. s.u. XX. [Consultado o XX-XX-XXXX] |
gl.wikipedia. s.u. Hititas. [Consultado o 20-I-2011]
|
Películas e documentais
MODELO |
EXEMPLO
|
APELIDO APELIDO, Nome (ano): Título. Editorial. Lugar de publicación. (formato) |
WEDGE, John Christopher (2002): Ice age. Twentieth Century Fox Entertainment. Madrid (DVD).
|
Música
Música clásica
MODELO |
EXEMPLO
|
APELIDO APELIDO, Nome (ano): Título. |
BEETHOVEN, Ludwig van (1800): Sonata para piano e trompa en fa maior, opus 17.
|
Outras
MODELO |
EXEMPLO
|
EXECUTANTE (ano): Canción (álbum). Discográfica |
MUSE (2003): Stockholm Syndrome (Absolution). Taste Music Limited.
|
Artes Plásticas
OBRA (ano): Autor. Lugar onde se atopa.
LAS MENINAS (1656): Velázquez, Diego. Museo del Prado.
Fotos
Referencias
- ARIAS LÓPEZ, Valentín (1989): ¿Como se fai nun libro?. Consellería de Cultura e Deportes. Xunta de Galicia.
Ligazóns externas
Guía para a confección dunha bibliografía feita polo equipo da Biblioteca do IES Poeta Añón de Outes (A Coruña). Ten algunhas erratas.
Notas