Cando elaboramos un traballo do tipo que sexa, necesitamos obter informacións, modelos, exemplos ou outro tipo de datos. Estes podemos extraelos de varias fontes: libros, artigos de revistas, enciclopedias, internet, películas, documentais, xornais, cancións,… Con todo isto ben organizado, presentamos o traballo.
En toda obra ben feita cómpre que citemos esas fontes das que sacamos os datos: unha por recoñecemento ao labor dos demais e outra porque, deste xeito, quen reciba o noso traballo poderá comprobar el mesmo a veracidade dos datos que achegamos: isto é o que chamamos unha bibliografía.
Como se elabora? En xeral, hai unha serie de datos comúns: o autor [1], o título, o ano de publicación, etc. Con esta información, o interesado ha poder localizar facilmente a obra en cuestión e o lugar de orixe dos nosos datos.
Imos ver como podemos citar os distintos formatos:
Citación segundo formato
Libros e banda deseñada
MODELO |
EXEMPLO
|
APELIDO APELIDO, Nome (ano): Título do libro. Editorial. Lugar de Edición |
FERREIRO GONZÁLEZ, Antón (2008): Como se escribe un libro? Toxosoutos. Noia
|
MODELO |
EXEMPLO
|
APELIDO APELIDO, Nome & APELIDO APELIDO, Nome (ano): Título do libro. Editorial. Lugar de Edición |
GOSCINNY, René & UDERZO, Albert (1992): Astérix: O combate dos xefes. Grijalbo-Dargaud. Barcelona
|
- Se hai tres ou máis autores: ...
MODELO |
EXEMPLO
|
APELIDO APELIDO, Nome (et al.) (ano):Título do libro. Editorial. Lugar de Edición |
PÉREZ FERREIRO, André (et al.) (1992): O mundo da impresión. Tusquets. Barcelona
|
- Se é un volume colectivo:
APELIDO APELIDO, Nome (ed) (ano): ...
APELIDO APELIDO, Nome (ano): in APELIDO APELIDO, Nome (ed):
Artigo de revista
MODELO |
EXEMPLO
|
APELIDO APELIDO, Nome (ano): "Título do artigo". Nome da Revista. Número da revista. pp. XX-YY |
FERREIRO GONZÁLEZ, Antón (2008): "A arte de escribir libros". Verba. XXXI. pp. 6-27
|
- Se hai dous ou máis autores, trátanse como vimos no apartado Libros e Banda Deseñada.
Enciclopedia
MODELO |
EXEMPLO
|
NOME DA ENCICLOPEDIA: s.u. XXXX |
ENCICLOPEDIA GALEGA UNIVERSAL: s.u. clima
|
s.u. é a abreviatura da expresión latina sub uoce, que significaría máis ou menos na palabra...
Xornal
MODELO |
EXEMPLO
|
NOME DO XORNAL (Data): nº XXX p. YY |
LA VOZ DE GALICIA (23-II-2005): nº 658 p. 35
|
MODELO |
EXEMPLO
|
APELIDO APELIDO, Nome (Ano): Nome do xornal (Data) nº XXX p. YY |
FERREIRO GONZÁLEZ, Antón (2005): La Voz de Galicia (23-II-2005): nº 658 p. 35
|
Internet
- Para citarmos un artigo da Wikipedia: Cómpre que teñamos en conta que hai moitas versións desta enciclopedia, polo que debemos especificar en cal delas obtivemos os datos; para o facer, fixémonos no enderezo e vexamos que antes da palabra wikipedia aparecen unhas letras (normalmente dúas) que a identifican. Por exemplo, a versión galega (a Galipedia) ten gl.
MODELO |
EXEMPLO
|
XX.wikipedia. s.u. XX. [Consultado o XX-XX-XXXX] |
gl.wikipedia. s.u. Hititas. [Consultado o 20-I-2011]
|
Películas e documentais
MODELO |
EXEMPLO
|
APELIDO APELIDO, Nome (ano): Título. Editorial. Lugar de publicación. (formato) |
WEDGE, John Christopher (2002): Ice age. Twentieth Century Fox Entertainment. Madrid (DVD).
|
Música
Artes Plásticas
Fotos
Referencias
ARIAS LÓPEZ, Valentín (1989): ¿Como se fai nun libro?. Consellería de Cultura e Deportes. Xunta de Galicia.
Notas
- ↑ Para citarmos o autor dunha obra, aquí seguimos o modelo APELIDO APELIDO, Nome. Isto é válido para españois e países de fala española. Para autores portugueses, suecos, noruegueses, daneses, finlandeses ou rusos, a citación farase polo segundo apelido: así, Johan Nordhal Brun Grieg vai aparecer como GRIEG, Johan Nordhal Brun. No caso dos nomes cun só apelido poñerase este seguido do nome cunha coma no medio (VERNE, Jules). En canto ás partículas que acompañan ás veces os apelidos, en xeral antepóñense a estes (DE NIRO, Robert) agás o von do alemán (PAPEN, Bernher von) e o de con valor nobiliario do francés (BALZAC, Honoré de). Para máis referncias cf. ARIAS (1989:16-21).