Como citar unha obra

De Wiki Aller
Revisión feita o 20 de xaneiro de 2011 ás 18:15 por Mario (Conversa | contribucións)

Cando elaboramos un traballo do tipo que sexa, necesitamos obter informacións, modelos, exemplos ou outro tipo de datos. Estes podemos extraelos de varias fontes: libros, artigos de revistas, enciclopedias, internet, películas, documentais, xornais, cancións,… Con todo isto ben organizado, presentamos o traballo.

En toda obra ben feita cómpre que citemos esas fontes das que sacamos os datos: unha por recoñecemento ao labor dos demais e outra porque, deste xeito, quen reciba o noso traballo poderá comprobar el mesmo a veracidade dos datos que achegamos: isto é o que chamamos unha bibliografía.

Como se elabora? En xeral, hai unha serie de datos comúns: o autor, o título, o ano de publicación, etc. Con esta información, o interesado ha poder localizar facilmente a obra en cuestión e o lugar de orixe dos nosos datos.

Imos ver como podemos citar os distintos formatos:

Libros e banda deseñada

  • APELIDO APELIDO, Nome (ano): Título do libro. Editorial. Lugar de Edición.

FERREIRO GONZÁLEZ, Antón (2008): Como se escribe un libro? Toxosoutos. Noia.

  • Se hai dous autores:
  • APELIDO APELIDO, Nome & APELIDO APELIDO, Nome (ano):

GOSCINNY, René & UDERZO, Albert (1992): Astérix: O combate dos xefes. Grijalbo-Dargaud. Barcelona.

  • Se hai tres ou máis autores: ...

APELIDO APELIDO, Nome (et alii) (ano):

  • Se é un volume colectivo:

APELIDO APELIDO, Nome (ed) (ano): ... APELIDO APELIDO, Nome (ano): in APELIDO APELIDO, Nome (ed):

Artigo de revista

  • APELIDO APELIDO, Nome (ano): "Título do artigo". Nome da Revista. Número da revista. pp. XX-YY.

FERREIRO GONZÁLEZ, Antón (2008): "A arte de escribir libros". Verba. XXXI. pp. 6-27.

  • Se hai dous ou máis autores: cf. Libros e Banda Deseñada.

Enciclopedia

MODELO EXEMPLO
NOME DA ENCICLOPEDIA: s.u. XXXX ENCICLOPEDIA GALEGA UNIVERSAL: s.u. clima

Xornal

  • NOME DO XORNAL (Data): nº XXX p. YY (se non está asinado).

LA VOZ DE GALICIA (23-II-2005): nº 658 p. 35.

  • APELIDO APELIDO, Nome (Ano): Nome do xornal (Data) nº XXX p. YY (se está asinado).

FERREIRO GONZÁLEZ, Antón (2008): La Voz de Galicia (23-II-2005): nº 658 p. 35.

Internet

  • NOME DA PÁXINA WEB. Enderezo electrónico. [Consultado o XX-XX-XXXX].

IKEA. http://www.ikea.com/es/es/preindex.html. [Consultado o 20-I-2011].

  • Para citarmos un artigo da Wikipedia: XX.Wikipedia. s.u. XX. [Consultado o XX-XX-XXXX].

gl.wikipedia. s.u. Hititas. [Consultado o 20-I-2011].

Documental

Película

Música

Artes Plásticas

Fotos