Como citar unha obra

De Wiki Aller
Revisión feita o 20 de xaneiro de 2011 ás 12:08 por Servando (Conversa | contribucións) (Nova páxina: "Cando elaboramos un traballo do tipo que sexa imos necesitar obter informacións, modelos,, exemplos ou outro tipo de datos. Estes podemos extraelos de varias fontes: libros, artigos...")
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)

Cando elaboramos un traballo do tipo que sexa imos necesitar obter informacións, modelos,, exemplos ou outro tipo de datos. Estes podemos extraelos de varias fontes: libros, artigos de revistas, enciclopedias, internet, películas, documentais, xornais, cancións,… Con todo isto ben organizado presentamos o traballo.

En toda obra ben feita cómpre que citemos esas fontes das que sacamos os datos: unha por recoñecemento ao labor dos demais e outra porque, deste xeito, quen reciba o noso traballo poderá comprobar el mesmo a veracidade dos datos que aportamos: isto é o que chamamos unha bibliografía.

Como se elabora? En xeral, hai unha serie de datos comúns: o autor, o título, o ano de publicación, … con esta información, o interesado ha poder localizar facilmente a obra en cuestión e o lugar de orixe dos nosos datos.

Imos ver como podemos citar os distintos formatos:

LIBROS E BANDA DESEÑADA

  • APELIDO APELIDO, Nome (ano): Título do libro. Editorial. Lugar de Edición.

FERREIRO GONZÁLEZ, Antón (2008): Como se escribe un libro? Toxosoutos. Noia.

  • Se hai dous autores:

APELIDO APELIDO, Nome & APELIDO APELIDO, Nome (ano):

  • Se hai tres ou máis autores: ...

APELIDO APELIDO, Nome (et alii) (ano):

  • Se é un volume colectivo:

APELIDO APELIDO, Nome (ed) (ano): ... APELIDO APELIDO, Nome (ano): in APELIDO APELIDO, Nome (ed):