Asemblearias
Nesta obra Aristófanes segue na liña de Lisístrata, presentando un grupo de mulleres, baixo o liderado de Praxágora, que decide cambiar a situación na que se atopa a acidade: queren tomar o poder en Atenas (cousa realmente inconcibíbel para a mentalidade da época). Disfrázanse de homes, votan na Asemblea entregarlle o poder ás mulleres e establecen unha especie de comunismo avant la lettre: todo é común, mesmo as mulleres.
Cito como curiosidade uns versos famosos[1] por conteren a palabra máis longa do grego (só ten setenta e nove sílabas); é o nome dun prato no que se resume nunha soa palabra o menú que se había servir na cea:
- λοπαδοτεμαχοσελαχογαλεο-
- κρανιολειψανοδριμυποτριμματο-
- σιλφιολιπαρομελιτοκατακεχυμενο-
- κιχλεπικοσσυφοφαττοπεριστερα-
- λεκτρυονοπτοπιφαλλιδοκιγκλοπε-
- λειολαγῳοσιραιοϐαφητραγα-
- νοπτερυγών.
Velaquí a tradución deste manxar: Cazolada de toros de peixe, raia, zapata, cachos de cabeza con prebe picante salpresada con silfio, aceite-e-mel, estorniños, merlos, pombiños, pombas torcaces, galos, lavercas asadas, muxes, pombiños, lebres cocidas en viño coas súas ás.
Foi representada por primeira vez o ano -392.
Índice
Departamento de Grego
- Tratamento previo: introdución ao sistema político ateniense e á situación da muller.
- Obxectivos: Coñecer a política ateniense.
- Avaliación: Unha pregunta no exame de avaliación.
- Contidos curriculares: Organización política e a muller en Atenas.
- Contidos transversais: A situación da muller, os sistemas políticos.
Outros departamentos
Número de exemplares na Biblioteca
- AMADO RODRÍGUEZ, María Teresa trad. (1991): Aristófanes. Nubes - Asemblearias. Servicio de publicacións da Xunta de Galicia - Galaxia. Vigo. 2 exemplares.
- Esta é a que vos recomendo.
- LÓPEZ EIRE, Antonio trad. (1986): Aristófanes: Ἐκκλησιαζούσαι - Las asambleístas. Erasmo: textos bilingües. Bosch. Barcelona. 1 exemplar.
Notas
- ↑ vv. 1168-1176
Ligazóns
De elaboración propia
Ligazóns externas
Obras de Aristófanes |
Os acarnienses | Os cabaleiros | As nubes | As avespas | As aves | Lisístrata | As tesmoforias | As ras | Asemblearias |