Asemblearias

De Wiki Aller
Revisión feita o 15 de febreiro de 2011 ás 09:30 por Servando (Conversa | contribucións) (Número de exemplares na Biblioteca)
As Asembleístas
miniatura da obra
Curso
2º de bacharelato
Carácter
Obrigatorio
Materia
Grego II
Departamento
Grego
Temporalización
2ª avaliación


Nesta obra Aristófanes segue na liña de Lisístrata presentando un grupo de mulleres, baixo o liderado de Praxágora, que decide cambiar a situación: queren tomar o poder en Atenas (cousa realmente inconcibíbel para a mentalidade da época). Disfrázanse de homes, votan na Asemblea entregarlle o poder ás mulleres e establecen unha especie de comunismo avant la lettre: todo é común, mesmo as mulleres.

Cito como curiosidade uns versos famosos por conteren a palabra máis longa do grego: é un nome dun prato:

λοπαδοτεμαχοσελαχογαλεο-
κρανιολειψανοδριμυποτριμματο-
σιλφιοκαραϐομελιτοκατακεχυμενο-
κιχλεπικοσσυφοφαττοπεριστερα-
λεκτρυονοπτεκεφαλλιοκιγκλοπε-
λειολαγῳοσιραιοϐαφητραγα-
νοπτερυγών.

Departamento de Grego

  • Tratamento previo: introdución ao sistema político ateniense e á situación da muller.
  • Obxectivos: Coñecer a política ateniense.
  • Avaliación: Unha pregunta no exame de avaliación.
  • Contidos curriculares: Organización política e a muller en Atenas.
  • Contidos transversais: A situación da muller, os sistemas políticos.

Outros departamentos

Número de exemplares na Biblioteca

  • AMADO RODRÍGUEZ, María Teresa trad. (1991): Aristófanes. Nubes - Asemblearias. Servicio de publicacións da Xunta de Galicia - Galaxia. Vigo. 2 exemplares.
Esta é a que vos recomendo.

Ligazóns

De elaboración propia

Ligazóns externas