Cando elaboramos un traballo do tipo que sexa, necesitamos obter informacións, modelos, exemplos ou outro tipo de datos. Estes podemos extraelos de varias fontes: libros, artigos de revistas, enciclopedias, internet, películas, documentais, xornais, cancións,… Con todo isto ben organizado, presentamos o traballo.
En toda obra ben feita cómpre que citemos esas fontes das que sacamos os datos: unha por recoñecemento ao labor dos demais e outra porque, deste xeito, quen reciba o noso traballo poderá comprobar el mesmo a veracidade dos datos que achegamos: isto é o que chamamos unha bibliografía.
Como se elabora? En xeral, hai unha serie de datos comúns: o autor, o título, o ano de publicación, etc. Con esta información, o interesado ha poder localizar facilmente a obra en cuestión e o lugar de orixe dos nosos datos.
Imos ver como podemos citar os distintos formatos:
Libros e banda deseñada
MODELO |
EXEMPLO
|
APELIDO APELIDO, Nome (ano): Título do libro. Editorial. Lugar de Edición |
FERREIRO GONZÁLEZ, Antón (2008): Como se escribe un libro? Toxosoutos. Noia
|
MODELO |
EXEMPLO
|
APELIDO APELIDO, Nome & APELIDO APELIDO, Nome (ano): Título do libro. Editorial. Lugar de Edición |
GOSCINNY, René & UDERZO, Albert (1992): Astérix: O combate dos xefes. Grijalbo-Dargaud. Barcelona
|
- Se hai tres ou máis autores: ...
MODELO |
EXEMPLO
|
APELIDO APELIDO, Nome (et al.) (ano):Título do libro. Editorial. Lugar de Edición |
PÉREZ FERREIRO, André (et al.) (1992): O mundo da impresión. Tusquets. Barcelona
|
- Se é un volume colectivo:
APELIDO APELIDO, Nome (ed) (ano): ...
APELIDO APELIDO, Nome (ano): in APELIDO APELIDO, Nome (ed):
Artigo de revista
- APELIDO APELIDO, Nome (ano): "Título do artigo". Nome da Revista. Número da revista. pp. XX-YY.
FERREIRO GONZÁLEZ, Antón (2008): "A arte de escribir libros". Verba. XXXI. pp. 6-27.
- Se hai dous ou máis autores: cf. Libros e Banda Deseñada.
Enciclopedia
MODELO |
EXEMPLO
|
NOME DA ENCICLOPEDIA: s.u. XXXX |
ENCICLOPEDIA GALEGA UNIVERSAL: s.u. clima
|
Xornal
MODELO |
EXEMPLO
|
NOME DO XORNAL (Data): nº XXX p. YY |
LA VOZ DE GALICIA (23-II-2005): nº 658 p. 35
|
MODELO |
EXEMPLO
|
APELIDO APELIDO, Nome (Ano): Nome do xornal (Data) nº XXX p. YY |
FERREIRO GONZÁLEZ, Antón (2005): La Voz de Galicia (23-II-2005): nº 658 p. 35
|
Internet
- Para citarmos un artigo da Wikipedia:
MODELO |
EXEMPLO
|
XX.wikipedia. s.u. XX. [Consultado o XX-XX-XXXX] |
gl.wikipedia. s.u. Hititas. [Consultado o 20-I-2011]
|
Documental
Película
Música
Artes Plásticas
Fotos