Diferenzas entre revisións de «Como citar unha obra»
(→Un só autor:) |
(→Se non está asinado:) |
||
Liña 77: | Liña 77: | ||
===Xornal=== | ===Xornal=== | ||
− | ====Se non está asinado:==== | + | :====Se non está asinado:==== |
:{| class="wikitable" | :{| class="wikitable" | ||
Liña 85: | Liña 85: | ||
| NOME DO XORNAL (Data): nº XXX p. YY|| LA VOZ DE GALICIA (23-II-2005): nº 658 p. 35 | | NOME DO XORNAL (Data): nº XXX p. YY|| LA VOZ DE GALICIA (23-II-2005): nº 658 p. 35 | ||
|} | |} | ||
− | |||
====Se está asinado:==== | ====Se está asinado:==== |
Revisión como estaba o 26 de xaneiro de 2011 ás 09:25
Cando elaboramos un traballo do tipo que sexa, necesitamos obter informacións, modelos, exemplos ou outro tipo de datos. Estes podemos extraelos de varias fontes: libros, artigos de revistas, enciclopedias, internet, películas, documentais, xornais, cancións,… Con todo isto ben organizado, presentamos o traballo.
En toda obra ben feita cómpre que citemos esas fontes das que sacamos os datos: unha por recoñecemento ao labor dos demais e outra porque, deste xeito, quen reciba o noso traballo poderá comprobar el mesmo a veracidade dos datos que achegamos: isto é o que chamamos unha bibliografía.
Como se elabora? En xeral, hai unha serie de datos comúns: o autor, o título, o ano de publicación, etc. Con esta información, o interesado ha poder localizar facilmente a obra en cuestión e o lugar de orixe dos nosos datos.
Imos ver como podemos citar os distintos formatos:
Índice
Citación segundo formato
Libros e banda deseñada
Un só autor:
MODELO EXEMPLO APELIDO APELIDO, Nome (ano): Título do libro. Editorial. Lugar de Edición MÉNDEZ FERRÍN, Xosé Luís (1987): Bretaña, Esmeraldina. Xerais. Vigo.
Se hai dous autores:
MODELO EXEMPLO APELIDO APELIDO, Nome & APELIDO APELIDO, Nome (ano): Título do libro. Editorial. Lugar de Edición GOSCINNY, René & UDERZO, Albert (1992): Astérix: O combate dos xefes. Grijalbo-Dargaud. Barcelona
Se hai tres ou máis autores: ...
MODELO EXEMPLO APELIDO APELIDO, Nome (et al.) (ano):Título do libro. Editorial. Lugar de Edición VILLAR LIÉBANA, Francisco (et al.) (2001): El cuarto bronce de Botorrita (Contrebia Belaisca): Arqueología y lingüística. Ediciones Universidad de Salamanca. Salamanca.
- et al. é a sigla da locución latina et alii, que significa e outros.
Se é parte dun volume colectivo:
MODELO EXEMPLO APELIDO APELIDO, Nome (ano):Título do artigo en APELIDO APELIDO, Nome (ed): Título do volume. Editorial. Lugar de Edición. pp. XX-YY PÉREZ FERREIRO, André (1992): O mundo da impresión. en MÉNDEZ CARREIRO, Pedro (ed.): O libro. Tusquets. Barcelona. pp. 336-395.
- ed. correspóndese co editor da obra, tamén pode aparecer Coord., é dicir, Coordinador.
Artigo de revista
MODELO EXEMPLO APELIDO APELIDO, Nome (ano): "Título do artigo". Nome da Revista. Número da revista. pp. XX-YY FERREIRO GONZÁLEZ, Antón (2008): "A arte de escribir libros". Verba. XXXI. pp. 6-27
Se hai dous ou máis autores
- Trátanse como vimos no apartado Libros e Banda Deseñada.
Enciclopedia
MODELO EXEMPLO NOME DA ENCICLOPEDIA: s.u. XXXX ENCICLOPEDIA GALEGA UNIVERSAL: s.u. clima
- s.u. é a abreviatura da expresión latina sub uoce, que significaría máis ou menos na palabra...
Xornal
- ====Se non está asinado:====
MODELO EXEMPLO NOME DO XORNAL (Data): nº XXX p. YY LA VOZ DE GALICIA (23-II-2005): nº 658 p. 35
Se está asinado:
MODELO EXEMPLO APELIDO APELIDO, Nome (Ano): Nome do xornal (Data) nº XXX p. YY FERREIRO GONZÁLEZ, Antón (2005): La Voz de Galicia (23-II-2005): nº 658 p. 35
Internet
MODELO EXEMPLO NOME DA PÁXINA WEB. Enderezo electrónico. [Consultado o XX-XX-XXXX] IKEA. http://www.ikea.com/es/es/preindex.html. [Consultado o 20-I-2011]
Artigos dunha Wikipedia.
- Para citarmos un artigo da Wikipedia cómpre que teñamos en conta que hai moitas versións desta enciclopedia, polo que debemos especificar en cal delas obtivemos os datos; para o facer, fixémonos no seu enderezo web e vexamos que antes da palabra wikipedia aparecen unhas letras (normalmente dúas) que a identifican. Por exemplo, a versión galega (a Galipedia) ten gl.
MODELO EXEMPLO XX.wikipedia. s.u. XX. [Consultado o XX-XX-XXXX] gl.wikipedia. s.u. Hititas. [Consultado o 20-I-2011]
Películas e documentais
MODELO EXEMPLO APELIDO APELIDO, Nome (ano): Título. Editorial. Lugar de publicación. (formato) WEDGE, John Christopher (2002): Ice age. Twentieth Century Fox Entertainment. Madrid (DVD).
Música
Música clásica
MODELO EXEMPLO APELIDO APELIDO, Nome (ano): Título. BEETHOVEN, Ludwig van (1800): Sonata para piano e trompa en fa maior, opus 17.
Outras
MODELO EXEMPLO EXECUTANTE (ano): Canción (álbum). Discográfica MUSE (2003): Hysteria (Absolution). Taste Music Limited.
Artes Plásticas
MODELO EXEMPLO OBRA (ano): Autor. Lugar onde se atopa. (tipo de obra) LAS MENINAS (1656): Velázquez, Diego. Museo del Prado. (cadro)
Fotos
Referencias
- ARIAS LÓPEZ, Valentín (1989): ¿Como se fai nun libro?. Consellería de Cultura e Deportes. Xunta de Galicia.
Ligazóns externas
Guía para a confección dunha bibliografía feita polo equipo da Biblioteca do IES Poeta Añón de Outes (A Coruña). Ten algunhas erratas.