Diferenzas entre revisións de «Stratos»
Liña 9: | Liña 9: | ||
}} | }} | ||
− | '''Stratos''' é unha BD de '''Miguelanxo Prado'''. Componse de seis relatos gráficos de oito páxinas cada un e un sétimo relato (de catro páxinas)que funciona a xeito de epílogo. | + | '''Stratos''' é unha BD de '''Miguelanxo Prado'''. Componse de seis relatos gráficos de oito páxinas cada un e un sétimo relato (de catro páxinas) que funciona a xeito de epílogo. |
Esta é a presentación editorial: | Esta é a presentación editorial: | ||
− | '' | + | "''Coa liberdade que outorga situar a acción nun tempo futuro, Miguelanxo Prado deseña neste álbum, mergullándose nas claves da ciencia ficción distópica, unha sociedade baseada no consumo e na que predominan o racismo, a corrupción e a destrución sen control dos recursos naturais. Cun discurso duro e cruel por veces, mais non exento de certos acenos cómicos, asistimos ás teimas e obsesións de todos os seres que compoñen eses estratos tan ferreamente delimitados desde o nivel máis baixo, o dos “proletas”, ata o composto polas oito persoas que, á sombra do poder económico, controlan todos os gobernos mundiais.'' |
− | Unha intelixente e funcional construción narrativa apoiada por un abraiante despregamento de recursos gráficos que segue a cativar, malia o tempo transcorrido desde a súa primeira aparición por entregas nas páxinas da revista Zona 84 e posteriormente como álbum en 1987, se cadra porque estamos perante unha desas boas historias de ciencia ficción que funcionan como espello do que somos. | + | ''Unha intelixente e funcional construción narrativa apoiada por un abraiante despregamento de recursos gráficos que segue a cativar, malia o tempo transcorrido desde a súa primeira aparición por entregas nas páxinas da revista Zona 84 e posteriormente como álbum en 1987, se cadra porque estamos perante unha desas boas historias de ciencia ficción que funcionan como espello do que somos.''" |
− | |||
Revisión como estaba o 4 de decembro de 2013 ás 20:52
Stratos é unha BD de Miguelanxo Prado. Componse de seis relatos gráficos de oito páxinas cada un e un sétimo relato (de catro páxinas) que funciona a xeito de epílogo.
Esta é a presentación editorial:
"Coa liberdade que outorga situar a acción nun tempo futuro, Miguelanxo Prado deseña neste álbum, mergullándose nas claves da ciencia ficción distópica, unha sociedade baseada no consumo e na que predominan o racismo, a corrupción e a destrución sen control dos recursos naturais. Cun discurso duro e cruel por veces, mais non exento de certos acenos cómicos, asistimos ás teimas e obsesións de todos os seres que compoñen eses estratos tan ferreamente delimitados desde o nivel máis baixo, o dos “proletas”, ata o composto polas oito persoas que, á sombra do poder económico, controlan todos os gobernos mundiais. Unha intelixente e funcional construción narrativa apoiada por un abraiante despregamento de recursos gráficos que segue a cativar, malia o tempo transcorrido desde a súa primeira aparición por entregas nas páxinas da revista Zona 84 e posteriormente como álbum en 1987, se cadra porque estamos perante unha desas boas historias de ciencia ficción que funcionan como espello do que somos."
Índice
Departamento de Lingua e Literatura galegas
Carácter / nivel : Obrigatorio / 1º BAC
Tempo: 1º/2º trimestre
Tratamento previo: Breve aproximación á obra do autor.
Obxectivos: Lectura literaria. Lectura comprensiva. Exploración dos códigos BD
Avaliación: Control escrito.
Contidos curriculares: Análise e interpretación de banda deseñada.
Número de exemplares na Biblioteca
PRADO, Miguelanxo: Stratos (2010). El patito editorial. ISBN 84-7507-431-6: 7 exemplares
Ligazóns
Ligazóns externas
[Stratos], referencias á obra no blogue ["marela B.D"]
[Amplo informe de José A. Serrano], en Guía del Cómic sobre Miguelanxo Prado
[O sitio] de Miguelanxo Prado.