Diferenzas entre revisións de «Como citar unha obra»

De Wiki Aller
(Artes Plásticas)
(Artes Plásticas)
Liña 145: Liña 145:
 
===Artes Plásticas===
 
===Artes Plásticas===
  
OBRA (ano): Autor. Lugar onde se atopa.
 
  
LAS MENINAS (1656): Velázquez, Diego. Museo del Prado.
+
 
 +
 
 +
{| class="wikitable"
 +
|-
 +
! MODELO !! EXEMPLO
 +
|-
 +
| OBRA (ano): Autor. Lugar onde se atopa. (tipo de obra) ||
 +
LAS MENINAS (1656): Velázquez, Diego. Museo del Prado. (cadro)
 +
|}
  
 
===Fotos===
 
===Fotos===

Revisión como estaba o 25 de xaneiro de 2011 ás 20:11

Cando elaboramos un traballo do tipo que sexa, necesitamos obter informacións, modelos, exemplos ou outro tipo de datos. Estes podemos extraelos de varias fontes: libros, artigos de revistas, enciclopedias, internet, películas, documentais, xornais, cancións,… Con todo isto ben organizado, presentamos o traballo.

En toda obra ben feita cómpre que citemos esas fontes das que sacamos os datos: unha por recoñecemento ao labor dos demais e outra porque, deste xeito, quen reciba o noso traballo poderá comprobar el mesmo a veracidade dos datos que achegamos: isto é o que chamamos unha bibliografía.

Como se elabora? En xeral, hai unha serie de datos comúns: o autor, o título, o ano de publicación, etc. Con esta información, o interesado ha poder localizar facilmente a obra en cuestión e o lugar de orixe dos nosos datos.

Imos ver como podemos citar os distintos formatos:

Citación segundo formato

Libros e banda deseñada

Un só autor:

MODELO EXEMPLO
APELIDO APELIDO, Nome (ano): Título do libro. Editorial. Lugar de Edición FERREIRO GONZÁLEZ, Antón (2008): Como se escribe un libro? Toxosoutos. Noia

Se hai dous autores:

MODELO EXEMPLO
APELIDO APELIDO, Nome & APELIDO APELIDO, Nome (ano): Título do libro. Editorial. Lugar de Edición GOSCINNY, René & UDERZO, Albert (1992): Astérix: O combate dos xefes. Grijalbo-Dargaud. Barcelona

Se hai tres ou máis autores: ...

MODELO EXEMPLO
APELIDO APELIDO, Nome (et al.) (ano):Título do libro. Editorial. Lugar de Edición PÉREZ FERREIRO, André (et al.) (1992): O mundo da impresión. Tusquets. Barcelona

Se é parte dun volume colectivo:

MODELO EXEMPLO
APELIDO APELIDO, Nome (ano):Título do artigo en APELIDO APELIDO, Nome (ed): Título do volume. Editorial. Lugar de Edición. pp. XX-YY PÉREZ FERREIRO, André (1992): O mundo da impresión. en MÉNDEZ CARREIRO, Pedro (ed.): O libro. Tusquets. Barcelona. pp. 336-395.
ed. correspóndese co editor da obra, tamén pode aparecer Coord., é dicir, Coordinador.

Artigo de revista

MODELO EXEMPLO
APELIDO APELIDO, Nome (ano): "Título do artigo". Nome da Revista. Número da revista. pp. XX-YY FERREIRO GONZÁLEZ, Antón (2008): "A arte de escribir libros". Verba. XXXI. pp. 6-27


Se hai dous ou máis autores

Trátanse como vimos no apartado Libros e Banda Deseñada.

Enciclopedia

MODELO EXEMPLO
NOME DA ENCICLOPEDIA: s.u. XXXX ENCICLOPEDIA GALEGA UNIVERSAL: s.u. clima
s.u. é a abreviatura da expresión latina sub uoce, que significaría máis ou menos na palabra...

Xornal

Se non está asinado:

MODELO EXEMPLO
NOME DO XORNAL (Data): nº XXX p. YY LA VOZ DE GALICIA (23-II-2005): nº 658 p. 35


Se está asinado:

MODELO EXEMPLO
APELIDO APELIDO, Nome (Ano): Nome do xornal (Data) nº XXX p. YY FERREIRO GONZÁLEZ, Antón (2005): La Voz de Galicia (23-II-2005): nº 658 p. 35

Internet

MODELO EXEMPLO
NOME DA PÁXINA WEB. Enderezo electrónico. [Consultado o XX-XX-XXXX] IKEA. http://www.ikea.com/es/es/preindex.html. [Consultado o 20-I-2011]

Artigos dunha Wikipedia.

Para citarmos un artigo da Wikipedia cómpre que teñamos en conta que hai moitas versións desta enciclopedia, polo que debemos especificar en cal delas obtivemos os datos; para o facer, fixémonos no seu enderezo web e vexamos que antes da palabra wikipedia aparecen unhas letras (normalmente dúas) que a identifican. Por exemplo, a versión galega (a Galipedia) ten gl.

MODELO EXEMPLO
XX.wikipedia. s.u. XX. [Consultado o XX-XX-XXXX] gl.wikipedia. s.u. Hititas. [Consultado o 20-I-2011]

Películas e documentais

MODELO EXEMPLO
APELIDO APELIDO, Nome (ano): Título. Editorial. Lugar de publicación. (formato) WEDGE, John Christopher (2002): Ice age. Twentieth Century Fox Entertainment. Madrid (DVD).

Música

Música clásica

MODELO EXEMPLO
APELIDO APELIDO, Nome (ano): Título. BEETHOVEN, Ludwig van (1800): Sonata para piano e trompa en fa maior, opus 17.


Outras

MODELO EXEMPLO
EXECUTANTE (ano): Canción (álbum). Discográfica MUSE (2003): Stockholm Syndrome (Absolution). Taste Music Limited.

Artes Plásticas

MODELO EXEMPLO
OBRA (ano): Autor. Lugar onde se atopa. (tipo de obra)

LAS MENINAS (1656): Velázquez, Diego. Museo del Prado. (cadro)

Fotos

Referencias

  • ARIAS LÓPEZ, Valentín (1989): ¿Como se fai nun libro?. Consellería de Cultura e Deportes. Xunta de Galicia.

Ligazóns externas

Guía para a confección dunha bibliografía feita polo equipo da Biblioteca do IES Poeta Añón de Outes (A Coruña). Ten algunhas erratas.

Notas