Diferenzas entre revisións de «Como citar unha obra»

De Wiki Aller
(Artigo de revista)
(Internet)
Liña 91: Liña 91:
 
|}
 
|}
  
*Para citarmos un artigo da Wikipedia:  
+
*Para citarmos un artigo da Wikipedia: Cómpre que teñamos en conta que hai moitas versións desta enciclopedia, polo que debemos especificar en cal delas obtivemos os datos; para o facer, fixémonos no enderezo e vexamos que antes da palabra wikipedia aparecen unhas letras (normalmente dúas) que a identifican. Por exemplo, a versión galega (a ''Galipedia'') ten '''''gl'''''.
  
 
{| class="wikitable"
 
{| class="wikitable"

Revisión como estaba o 22 de xaneiro de 2011 ás 20:23

Cando elaboramos un traballo do tipo que sexa, necesitamos obter informacións, modelos, exemplos ou outro tipo de datos. Estes podemos extraelos de varias fontes: libros, artigos de revistas, enciclopedias, internet, películas, documentais, xornais, cancións,… Con todo isto ben organizado, presentamos o traballo.

En toda obra ben feita cómpre que citemos esas fontes das que sacamos os datos: unha por recoñecemento ao labor dos demais e outra porque, deste xeito, quen reciba o noso traballo poderá comprobar el mesmo a veracidade dos datos que achegamos: isto é o que chamamos unha bibliografía.

Como se elabora? En xeral, hai unha serie de datos comúns: o autor, o título, o ano de publicación, etc. Con esta información, o interesado ha poder localizar facilmente a obra en cuestión e o lugar de orixe dos nosos datos.

Imos ver como podemos citar os distintos formatos:

Libros e banda deseñada

  • Un só autor:
MODELO EXEMPLO
APELIDO APELIDO, Nome (ano): Título do libro. Editorial. Lugar de Edición FERREIRO GONZÁLEZ, Antón (2008): Como se escribe un libro? Toxosoutos. Noia
  • Se hai dous autores:
MODELO EXEMPLO
APELIDO APELIDO, Nome & APELIDO APELIDO, Nome (ano): Título do libro. Editorial. Lugar de Edición GOSCINNY, René & UDERZO, Albert (1992): Astérix: O combate dos xefes. Grijalbo-Dargaud. Barcelona
  • Se hai tres ou máis autores: ...
MODELO EXEMPLO
APELIDO APELIDO, Nome (et al.) (ano):Título do libro. Editorial. Lugar de Edición PÉREZ FERREIRO, André (et al.) (1992): O mundo da impresión. Tusquets. Barcelona
  • Se é un volume colectivo:

APELIDO APELIDO, Nome (ed) (ano): ... APELIDO APELIDO, Nome (ano): in APELIDO APELIDO, Nome (ed):

Artigo de revista

MODELO EXEMPLO
APELIDO APELIDO, Nome (ano): "Título do artigo". Nome da Revista. Número da revista. pp. XX-YY FERREIRO GONZÁLEZ, Antón (2008): "A arte de escribir libros". Verba. XXXI. pp. 6-27


  • Se hai dous ou máis autores, trátanse como vimos no apartado Libros e Banda Deseñada.

Enciclopedia

MODELO EXEMPLO
NOME DA ENCICLOPEDIA: s.u. XXXX ENCICLOPEDIA GALEGA UNIVERSAL: s.u. clima

Xornal

  • Se non está asinado:
MODELO EXEMPLO
NOME DO XORNAL (Data): nº XXX p. YY LA VOZ DE GALICIA (23-II-2005): nº 658 p. 35


  • Se está asinado:
MODELO EXEMPLO
APELIDO APELIDO, Nome (Ano): Nome do xornal (Data) nº XXX p. YY FERREIRO GONZÁLEZ, Antón (2005): La Voz de Galicia (23-II-2005): nº 658 p. 35

Internet

MODELO EXEMPLO
NOME DA PÁXINA WEB. Enderezo electrónico. [Consultado o XX-XX-XXXX] IKEA. http://www.ikea.com/es/es/preindex.html. [Consultado o 20-I-2011]
  • Para citarmos un artigo da Wikipedia: Cómpre que teñamos en conta que hai moitas versións desta enciclopedia, polo que debemos especificar en cal delas obtivemos os datos; para o facer, fixémonos no enderezo e vexamos que antes da palabra wikipedia aparecen unhas letras (normalmente dúas) que a identifican. Por exemplo, a versión galega (a Galipedia) ten gl.
MODELO EXEMPLO
XX.wikipedia. s.u. XX. [Consultado o XX-XX-XXXX] gl.wikipedia. s.u. Hititas. [Consultado o 20-I-2011]

Documental

Película

Música

Artes Plásticas

Fotos