Diferenzas entre revisións de «Asemblearias»

De Wiki Aller
(Ligazóns externas)
(Ligazóns externas)
 
(Non se mostra unha revisión do historial feita polo mesmo usuario.)
Liña 9: Liña 9:
 
}}
 
}}
  
Nesta obra Aristófanes segue na liña de [[Lisístrata]], presentando un grupo de mulleres, baixo o liderado de Praxágora, que decide cambiar a situación na que se atopa a acidade: queren tomar o poder en Atenas (cousa realmente inconcibíbel para a mentalidade da época). Disfrázanse de homes, votan na Asemblea entregarlle o poder ás mulleres e establecen unha especie de comunismo ''avant la lettre'': todo é común, mesmo as mulleres.
+
Nesta obra Aristófanes segue na liña de [[Lisístrata]], presentando un grupo de mulleres, baixo o liderado de Praxágora, que decide cambiar a situación na que se atopa a cidade: queren tomar o poder en Atenas (cousa realmente inconcibíbel para a mentalidade da época). Disfrázanse de homes, votan na Asemblea entregarlle o poder ás mulleres e establecen unha especie de comunismo ''avant la lettre'': todo é común, mesmo as mulleres.
  
 
Cito como curiosidade uns versos famosos<ref>vv. 1168-1176</ref> por conteren a palabra máis longa do grego (só ten setenta e nove sílabas); é o nome dun prato no que se resume nunha soa palabra o menú que se había servir na cea:
 
Cito como curiosidade uns versos famosos<ref>vv. 1168-1176</ref> por conteren a palabra máis longa do grego (só ten setenta e nove sílabas); é o nome dun prato no que se resume nunha soa palabra o menú que se había servir na cea:
Liña 62: Liña 62:
 
</div>
 
</div>
  
[[Categoría:2º de bacharelato]]
+
 
[[Categoría:Grego II]]
 
[[Categoría:Departamento de grego]]
 
[[Categoría:Obrigatorio]]
 
 
[[Categoría:Formatolibro]]
 
[[Categoría:Formatolibro]]

Revisión actual feita o 27 de setembro de 2017 ás 21:07

Asemblearias
miniatura da obra
Curso
2º de bacharelato
Carácter
Obrigatorio
Materia
Grego II
Departamento
Grego
Temporalización
2ª avaliación


Nesta obra Aristófanes segue na liña de Lisístrata, presentando un grupo de mulleres, baixo o liderado de Praxágora, que decide cambiar a situación na que se atopa a cidade: queren tomar o poder en Atenas (cousa realmente inconcibíbel para a mentalidade da época). Disfrázanse de homes, votan na Asemblea entregarlle o poder ás mulleres e establecen unha especie de comunismo avant la lettre: todo é común, mesmo as mulleres.

Cito como curiosidade uns versos famosos[1] por conteren a palabra máis longa do grego (só ten setenta e nove sílabas); é o nome dun prato no que se resume nunha soa palabra o menú que se había servir na cea:

λοπαδοτεμαχοσελαχογαλεο-
κρανιολειψανοδριμυποτριμματο-
σιλφιολιπαρομελιτοκατακεχυμενο-
κιχλεπικοσσυφοφαττοπεριστερα-
λεκτρυονοπτοπιφαλλιδοκιγκλοπε-
λειολαγῳοσιραιοϐαφητραγα-
νοπτερυγών.

Velaquí a tradución deste manxar: Cazolada de toros de peixe, raia, zapata, cachos de cabeza con prebe picante salpresada con silfio, aceite-e-mel, estorniños, merlos, pombiños, pombas torcaces, galos, lavercas asadas, muxes, pombiños, lebres cocidas en viño coas súas ás.

Foi representada por primeira vez o ano -392.

Departamento de Grego

  • Tratamento previo: introdución ao sistema político ateniense e á situación da muller.
  • Obxectivos: Coñecer a política ateniense.
  • Avaliación: Unha pregunta no exame de avaliación.
  • Contidos curriculares: Organización política e a muller en Atenas.
  • Contidos transversais: A situación da muller, os sistemas políticos.

Outros departamentos

Número de exemplares na Biblioteca

  • AMADO RODRÍGUEZ, María Teresa trad. (1991): Aristófanes. Nubes - Asemblearias. Servicio de publicacións da Xunta de Galicia - Galaxia. Vigo. 2 exemplares.
Esta é a que vos recomendo.
  • LÓPEZ EIRE, Antonio trad. (1986): Aristófanes: Ἐκκλησιαζούσαι - Las asambleístas. Erasmo: textos bilingües. Bosch. Barcelona. 1 exemplar.

Notas

  1. vv. 1168-1176

Ligazóns

De elaboración propia

Ligazóns externas