Diferenzas entre revisións de «Os vellos non deben de namorarse»
(arranxo) |
|||
(Non se mostran 2 revisións do historial feitas polo mesmo usuario.) | |||
Liña 49: | Liña 49: | ||
[http://www.museo.depo.es/coleccion/catalogo.castelao/es.03110000.html?TUkxzlt0jzMAAHulCs4 Debuxos] Dixitalización dos debuxos orixinais de Castelao para a versión definitiva d'''Os vellos non deben de namorarse'' no Museo de Pontevedra. | [http://www.museo.depo.es/coleccion/catalogo.castelao/es.03110000.html?TUkxzlt0jzMAAHulCs4 Debuxos] Dixitalización dos debuxos orixinais de Castelao para a versión definitiva d'''Os vellos non deben de namorarse'' no Museo de Pontevedra. | ||
− | [[categoría:2º de bacharelato]] [[categoría:Departamento de lingua galega e literatura]] [[categoría:Literatura galega do Século XX]] | + | [[categoría:2º de bacharelato]] [[categoría:Departamento de lingua galega e literatura]] [[categoría:Literatura galega do Século XX]][[categoría:obrigatorio]][[categoría:Formatolibro]] |
Revisión actual feita o 28 de xaneiro de 2014 ás 12:43
Os vellos non deben de namorarse é a única obra teatral de Castelao. O tema central da obra xira arredor dos amores serodios, desencadeante do conflito dramático, e a morte. Os amores do vello pola moza é un tema presente, con distintos tratamentos, na literatura culta e popular de todos os tempos e latitudes. A morte é elemento elixido para resolver o conflito.
Esta dobre temática -amor e morte- toma corpo no personaxe do vello e nela ensaríllanse diversos subtemas como a natureza da felicidade, o casamento de comenencia, o motivo da malcasada, a decadencia da fidalguía ou o amor por interese fronte ao amor sentimento.
A singularidade da obra non radica, pois, nos temas seleccionados senón no seu tratamento escénico e artístico. A integración de elementos populares e tradicionais coas novas formas do teatro europeo do momento supoñen unha proposta para crear un teatro galego da arte e teñen maior significación histórico-literaria que o tema en si.
Por outra banda, o tratamento faise en clave de farsa: alternancia de elementos tráxicos, cómicos e traxicómicos.
Índice
Departamento de Lingua e Literatura galegas
Tratamento previo: Introdución xeral á linguaxe teatral. Lectura dramatizada na clase.
Obxectivos: Lectura e análise literaria.
Avaliación: Análise dun fragmento.
Contidos curriculares: Análise e interpretación de textos literarios.
Outros de departamentos
MM
Número de exemplares na Biblioteca
- CASTELAO, Daniel Alfonso R.: Os vellos non deben de namorarse: Farsa en tres actos con un prólogo. --Vigo :Galaxia, 1988. --121 p. ISBN 84-7154-165-3. 2 exemplares
- CASTELAO, Daniel Alfonso R.: Os vellos non deben de namorarse. / Alfonso R. Castelao. --Santiago de Compostela :Igaem, 2000. --199 p. : il. cor. ;24 cm. -- (Centro Dramático Galego; 22) Contén a edición facsímile da primeira edición da editorial Galaxia, do ano 1953. -- ISBN 84-453-2681-3. 1 exemplar
- CASTELAO, Daniel Alfonso R.: Os vellos non deben de namorarse /Alfonso R. Castelao ; dirección: Manuel Areoso ; produción Centro Dramático Galego. --Santiago de Compostela :Igaem, 2000. --1 videodisco DVD. 1 exemplar
Ligazóns
De elaboración propia
Os vellos non deben de namorarse : Curso na Aula Virtual. Esixe chave de acceso
Ligazóns externas
Castelao : Magnífica aproximación a Castelao na Galipedia
Debuxos Dixitalización dos debuxos orixinais de Castelao para a versión definitiva d'Os vellos non deben de namorarse no Museo de Pontevedra.