Diferenzas entre revisións de «Como citar unha obra»

De Wiki Aller
(Artes Plásticas)
(Citación segundo formato)
Liña 10: Liña 10:
 
===Libros e banda deseñada===
 
===Libros e banda deseñada===
  
====Un só autor:====
+
:====Un só autor:====
  
 
{| class="wikitable"
 
{| class="wikitable"
Liña 19: Liña 19:
 
|}
 
|}
  
====Se hai dous autores:====
+
:====Se hai dous autores:====
  
 
{| class="wikitable"
 
{| class="wikitable"
Liña 28: Liña 28:
 
|}
 
|}
  
====Se hai tres ou máis autores: ...====
+
:====Se hai tres ou máis autores: ...====
  
 
{| class="wikitable"
 
{| class="wikitable"
Liña 37: Liña 37:
 
|}
 
|}
  
====Se é parte dun volume colectivo:====
+
:====Se é parte dun volume colectivo:====
  
 
{| class="wikitable"
 
{| class="wikitable"
Liña 58: Liña 58:
  
  
====Se hai dous ou máis autores====
+
:====Se hai dous ou máis autores====
  
 
Trátanse como vimos no apartado ''Libros e Banda Deseñada''.
 
Trátanse como vimos no apartado ''Libros e Banda Deseñada''.
Liña 75: Liña 75:
 
===Xornal===
 
===Xornal===
  
====Se non está asinado:====
+
:====Se non está asinado:====
  
 
{| class="wikitable"
 
{| class="wikitable"
Liña 85: Liña 85:
  
  
====Se está asinado:====
+
::====Se está asinado:====
  
 
{| class="wikitable"
 
{| class="wikitable"

Revisión como estaba o 25 de xaneiro de 2011 ás 20:13

Cando elaboramos un traballo do tipo que sexa, necesitamos obter informacións, modelos, exemplos ou outro tipo de datos. Estes podemos extraelos de varias fontes: libros, artigos de revistas, enciclopedias, internet, películas, documentais, xornais, cancións,… Con todo isto ben organizado, presentamos o traballo.

En toda obra ben feita cómpre que citemos esas fontes das que sacamos os datos: unha por recoñecemento ao labor dos demais e outra porque, deste xeito, quen reciba o noso traballo poderá comprobar el mesmo a veracidade dos datos que achegamos: isto é o que chamamos unha bibliografía.

Como se elabora? En xeral, hai unha serie de datos comúns: o autor, o título, o ano de publicación, etc. Con esta información, o interesado ha poder localizar facilmente a obra en cuestión e o lugar de orixe dos nosos datos.

Imos ver como podemos citar os distintos formatos:

Citación segundo formato

Libros e banda deseñada

====Un só autor:====
MODELO EXEMPLO
APELIDO APELIDO, Nome (ano): Título do libro. Editorial. Lugar de Edición FERREIRO GONZÁLEZ, Antón (2008): Como se escribe un libro? Toxosoutos. Noia
====Se hai dous autores:====
MODELO EXEMPLO
APELIDO APELIDO, Nome & APELIDO APELIDO, Nome (ano): Título do libro. Editorial. Lugar de Edición GOSCINNY, René & UDERZO, Albert (1992): Astérix: O combate dos xefes. Grijalbo-Dargaud. Barcelona
====Se hai tres ou máis autores: ...====
MODELO EXEMPLO
APELIDO APELIDO, Nome (et al.) (ano):Título do libro. Editorial. Lugar de Edición PÉREZ FERREIRO, André (et al.) (1992): O mundo da impresión. Tusquets. Barcelona
====Se é parte dun volume colectivo:====
MODELO EXEMPLO
APELIDO APELIDO, Nome (ano):Título do artigo en APELIDO APELIDO, Nome (ed): Título do volume. Editorial. Lugar de Edición. pp. XX-YY PÉREZ FERREIRO, André (1992): O mundo da impresión. en MÉNDEZ CARREIRO, Pedro (ed.): O libro. Tusquets. Barcelona. pp. 336-395.
ed. correspóndese co editor da obra, tamén pode aparecer Coord., é dicir, Coordinador.

Artigo de revista

MODELO EXEMPLO
APELIDO APELIDO, Nome (ano): "Título do artigo". Nome da Revista. Número da revista. pp. XX-YY FERREIRO GONZÁLEZ, Antón (2008): "A arte de escribir libros". Verba. XXXI. pp. 6-27


====Se hai dous ou máis autores====

Trátanse como vimos no apartado Libros e Banda Deseñada.

Enciclopedia

MODELO EXEMPLO
NOME DA ENCICLOPEDIA: s.u. XXXX ENCICLOPEDIA GALEGA UNIVERSAL: s.u. clima
s.u. é a abreviatura da expresión latina sub uoce, que significaría máis ou menos na palabra...

Xornal

====Se non está asinado:====
MODELO EXEMPLO
NOME DO XORNAL (Data): nº XXX p. YY LA VOZ DE GALICIA (23-II-2005): nº 658 p. 35


====Se está asinado:====
MODELO EXEMPLO
APELIDO APELIDO, Nome (Ano): Nome do xornal (Data) nº XXX p. YY FERREIRO GONZÁLEZ, Antón (2005): La Voz de Galicia (23-II-2005): nº 658 p. 35

Internet

MODELO EXEMPLO
NOME DA PÁXINA WEB. Enderezo electrónico. [Consultado o XX-XX-XXXX] IKEA. http://www.ikea.com/es/es/preindex.html. [Consultado o 20-I-2011]

Artigos dunha Wikipedia.

Para citarmos un artigo da Wikipedia cómpre que teñamos en conta que hai moitas versións desta enciclopedia, polo que debemos especificar en cal delas obtivemos os datos; para o facer, fixémonos no seu enderezo web e vexamos que antes da palabra wikipedia aparecen unhas letras (normalmente dúas) que a identifican. Por exemplo, a versión galega (a Galipedia) ten gl.

MODELO EXEMPLO
XX.wikipedia. s.u. XX. [Consultado o XX-XX-XXXX] gl.wikipedia. s.u. Hititas. [Consultado o 20-I-2011]

Películas e documentais

MODELO EXEMPLO
APELIDO APELIDO, Nome (ano): Título. Editorial. Lugar de publicación. (formato) WEDGE, John Christopher (2002): Ice age. Twentieth Century Fox Entertainment. Madrid (DVD).

Música

Música clásica

MODELO EXEMPLO
APELIDO APELIDO, Nome (ano): Título. BEETHOVEN, Ludwig van (1800): Sonata para piano e trompa en fa maior, opus 17.


Outras

MODELO EXEMPLO
EXECUTANTE (ano): Canción (álbum). Discográfica MUSE (2003): Stockholm Syndrome (Absolution). Taste Music Limited.

Artes Plásticas

MODELO EXEMPLO
OBRA (ano): Autor. Lugar onde se atopa. (tipo de obra)

LAS MENINAS (1656): Velázquez, Diego. Museo del Prado. (cadro)

Fotos

Referencias

  • ARIAS LÓPEZ, Valentín (1989): ¿Como se fai nun libro?. Consellería de Cultura e Deportes. Xunta de Galicia.

Ligazóns externas

Guía para a confección dunha bibliografía feita polo equipo da Biblioteca do IES Poeta Añón de Outes (A Coruña). Ten algunhas erratas.

Notas