Diferenzas entre revisións de «Como citar unha obra»
(→Xornal) |
(→Xornal) |
||
Liña 39: | Liña 39: | ||
==Xornal== | ==Xornal== | ||
− | * | + | *Se non está asinado: |
{| class="wikitable" | {| class="wikitable" | ||
Liña 45: | Liña 45: | ||
! MODELO !! EXEMPLO | ! MODELO !! EXEMPLO | ||
|- | |- | ||
− | NOME DO XORNAL (Data): nº XXX p. YY|| LA VOZ DE GALICIA (23-II-2005): nº 658 p. 35 | + | | NOME DO XORNAL (Data): nº XXX p. YY|| LA VOZ DE GALICIA (23-II-2005): nº 658 p. 35 |
− | |||
|} | |} | ||
− | * | + | *Se está asinado: |
{| class="wikitable" | {| class="wikitable" | ||
Liña 56: | Liña 55: | ||
! MODELO !! EXEMPLO | ! MODELO !! EXEMPLO | ||
|- | |- | ||
− | APELIDO APELIDO, Nome (Ano): ''Nome do xornal'' (Data) nº XXX p. YY|| FERREIRO GONZÁLEZ, Antón (2008): ''La Voz de Galicia'' (23-II-2005): nº 658 p. 35 | + | | APELIDO APELIDO, Nome (Ano): ''Nome do xornal'' (Data) nº XXX p. YY|| FERREIRO GONZÁLEZ, Antón (2008): ''La Voz de Galicia'' (23-II-2005): nº 658 p. 35 |
− | |||
|} | |} | ||
Revisión como estaba o 21 de xaneiro de 2011 ás 10:39
Cando elaboramos un traballo do tipo que sexa, necesitamos obter informacións, modelos, exemplos ou outro tipo de datos. Estes podemos extraelos de varias fontes: libros, artigos de revistas, enciclopedias, internet, películas, documentais, xornais, cancións,… Con todo isto ben organizado, presentamos o traballo.
En toda obra ben feita cómpre que citemos esas fontes das que sacamos os datos: unha por recoñecemento ao labor dos demais e outra porque, deste xeito, quen reciba o noso traballo poderá comprobar el mesmo a veracidade dos datos que achegamos: isto é o que chamamos unha bibliografía.
Como se elabora? En xeral, hai unha serie de datos comúns: o autor, o título, o ano de publicación, etc. Con esta información, o interesado ha poder localizar facilmente a obra en cuestión e o lugar de orixe dos nosos datos.
Imos ver como podemos citar os distintos formatos:
Índice
Libros e banda deseñada
- APELIDO APELIDO, Nome (ano): Título do libro. Editorial. Lugar de Edición.
FERREIRO GONZÁLEZ, Antón (2008): Como se escribe un libro? Toxosoutos. Noia.
- Se hai dous autores:
- APELIDO APELIDO, Nome & APELIDO APELIDO, Nome (ano):
GOSCINNY, René & UDERZO, Albert (1992): Astérix: O combate dos xefes. Grijalbo-Dargaud. Barcelona.
- Se hai tres ou máis autores: ...
APELIDO APELIDO, Nome (et alii) (ano):
- Se é un volume colectivo:
APELIDO APELIDO, Nome (ed) (ano): ... APELIDO APELIDO, Nome (ano): in APELIDO APELIDO, Nome (ed):
Artigo de revista
- APELIDO APELIDO, Nome (ano): "Título do artigo". Nome da Revista. Número da revista. pp. XX-YY.
FERREIRO GONZÁLEZ, Antón (2008): "A arte de escribir libros". Verba. XXXI. pp. 6-27.
- Se hai dous ou máis autores: cf. Libros e Banda Deseñada.
Enciclopedia
MODELO | EXEMPLO |
---|---|
NOME DA ENCICLOPEDIA: s.u. XXXX | ENCICLOPEDIA GALEGA UNIVERSAL: s.u. clima |
Xornal
- Se non está asinado:
MODELO | EXEMPLO |
---|---|
NOME DO XORNAL (Data): nº XXX p. YY | LA VOZ DE GALICIA (23-II-2005): nº 658 p. 35 |
- Se está asinado:
MODELO | EXEMPLO |
---|---|
APELIDO APELIDO, Nome (Ano): Nome do xornal (Data) nº XXX p. YY | FERREIRO GONZÁLEZ, Antón (2008): La Voz de Galicia (23-II-2005): nº 658 p. 35 |
.
Internet
- NOME DA PÁXINA WEB. Enderezo electrónico. [Consultado o XX-XX-XXXX].
IKEA. http://www.ikea.com/es/es/preindex.html. [Consultado o 20-I-2011].
- Para citarmos un artigo da Wikipedia: XX.Wikipedia. s.u. XX. [Consultado o XX-XX-XXXX].
gl.wikipedia. s.u. Hititas. [Consultado o 20-I-2011].