Retorno a Tagen Ata

De Wiki Aller
Retorno a Tagen Ata
miniatura da obra
Curso
2º BAC
Carácter
Obrigatorio
Materia
Lingua galega e literatura II
Departamento
Lingua galega e literatura
Temporalización
Febreiro-Marzo


Retorno a Tagen Ata (1971), escrito por Xosé Luís Méndez Ferrín durante a seu encarceramento na cadea d'A Coruña, provocou unha forte convulsión no panorama político e literario galego.

Desde o punto de vista político, consolidaba a fenda definitiva entre o nacionalismo marxista e revolucionario, defendido por Ferrín, e o máis conservador e culturalista, encabezado polo Grupo Galaxia e Ramón Piñeiro.

Desde o punto de vista literario, o relato abría unha fecunda liña na narrativa do seu autor. Con el arrincou a persoal mitoloxía de Ferrín arredor de Tagen Ata e varias das claves do imaxinario ferriniano.



Departamento de Lingua e Literatura galegas

Tratamento previo: Introdución ao galeguismo durante a Ditadura. Introdución á narrativa de Ferrín.

Obxectivos: Lectura e análise histórico literaria.

Avaliación: Debate e control escrito de comprensión.

Contidos curriculares: .


Outros de departamentos

MM

Número de exemplares na Biblioteca

Méndez Ferrín, Xosé Luís: Retorno a Tagen Ata. --Vigo : Xerais, 1996. --123 p.; 21 cm. -- (Narrativa) ISBN 84-7507-964-4 1 exemplar

Méndez Ferrín, Xosé Luís: Retorno a Tagen Ata. /deseño e ilustracións Miguelanxo Prado. --2ª ed. --Vigo :Xerais. --70 p. : Il. cor; 26 cm. ISBN 84-7507-253-4 2 exemplares

Ligazóns

De elaboración propia

Ligazóns externas

Ulm Roan non é Ramón Piñeiro entrevista de X. R. Pena con Ferrín, realizada en maio do 2009

Posmodernidade e metarrelato nacional: a creación ferriniá de Tagen Ata de María López Sández