Os xemelgos
De Wiki Aller
Os xemelgos
Curso
4º de ESO
Carácter
obrigatorio
Materia
Latín 4º
Departamento
Latín
Temporalización
3ª avaliación
Nesta obra de Plauto preséntanos un exemplo de comedia de equívoco: dous irmáns xemelgos sepáranse accidentalmente sendo pequenos xa que o pai levara a un deles a un negocio noutra cidade e o perdera na multitude. Este rapaz é adoptado por outra familia. En recordo do irmán perdido, múdanlle o nome ao que quedou na casa, polo que finalmente os dous se chaman igual: Menecmo.
Ao cabo dos anos un dos Menecmos emprende a busca do seu irmán, ao que atopa tras toda unha serie de equívocos coa muller do seu irmán, coa súa amante, o seu sogro, os seus escravos, etc.
Índice
Departamento de Latín
- Tratamento previo: Explicación na aula sobre o teatro greco-latino e a obra de Plauto.
- Obxectivos: Ver a vida cotiá de gregos e romanos.
- Avaliación: Cuestionario sobre a lectura.
- Contidos curriculares: vida cotiá.
- Contidos transversais: a situación da muller.
Outros departamentos
Número de exemplares na Biblioteca
- LÓPEZ SILVA, Xosé Antonio trad. (2010): Plauto, Os xemelgos. Tradución, introdución crítica e guía de lectura. Andavira Editora. Santiago de Compostela. 1 EXEMPLAR.