DEfecto 2000

De Wiki Aller
Revisión feita o 13 de febreiro de 2011 ás 12:47 por Mario (Conversa | contribucións)
dEfecto 2000
miniatura da obra
Curso
2º Bacharelato
Carácter
OBRIGATORIO
Materia
Literatura galega do S. XX
Departamento
Lingua galega e literatura
Temporalización
3ª avaliación


dEfecto 2000 (2000) é unha antoloxía de poetas que deron ao prelo o seu primeiro libro na década dos noventa.

O alcance e dos límites da antoloxía estabécese na propia introdución:

Esta antoloxía que propoñemos é só unha das antoloxías posíbeis. É máis, entendemos que só se trata da antoloxía na que os membros do consello editorial de Letras de Cal fomos quen de confluír, e isto despois dunha nada fácil discusión e posta en común. É, logo, unha antoloxía de lectores e lectoras, e non a típica escolla que depende da perspectiva crítica dalgún profesional da literatura. Nós víamoslle a facelo así, cando menos neste momento, máis vantaxes que inconvenientes.

Dos case cen poetas subsceptíbeis de apareceren, o consello editorial de Letras de Cal seleccionou algo menos da cuarta parte. Estes son o representados:

Marilar Aleixandre, Fran Alonso, Yolanda Castaño, María do Cebreiro, Xabier Cordal, Emma Couceiro, Estevo Creus, Marta Dacosta, Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño, Chus Pato, Isolda Santiago, Sechu Sende, Francisco Souto, Miro Villar, Rafa Villar.

Departamento de Lingua e Literatura galegas

Tratamento previo: Introdución xeral á poesía galega dos 90.

Obxectivos: Lectura e análise literaria.

Avaliación: Elaboración dun monográfico sobre unha das voces poéticas recollidas no libro.

Contidos curriculares: Análise e interpretación de textos literarios.


Número de exemplares na Biblioteca

dEfecto 2000 : antoloxía de poetas dos 90 .-- [Santiago de] Compostela : A.C. Amaía, 1999. 138 p. ; 21 cm .-- ( Letras de cal) -- ISBN 84-922620-9-5 1 exemplar

Ligazóns

De elaboración propia

Ligazóns externas

Edición facsímile dixitalizada por Eduardo Estévez de descarga libre desde o sitio do Consello da Cultura Galega