Cousas

De Wiki Aller
Revisión feita o 8 de febreiro de 2011 ás 18:45 por Paio (Conversa | contribucións)
Cousas
miniatura da obra
Curso
4º ESO
Carácter
Obrigatorio
Materia
Lingua galega e literatura 4º
Departamento
Lingua galega e literatura
Temporalización


Os vellos non deben de namorarse é a única obra teatral de Castelao. O tema central da obra xira arredor dos amores serodios, desencadeante do conflito dramático, e a morte. Os amores do vello pola moza é un tema presente, con distintos tratamentos, na literatura culta e popular de todos os tempos e latitudes. A morte é elemento elixido para resolver o conflito.

Esta dobre temática -amor e morte- toma corpo no personaxe do vello e nela ensaríllanse diversos subtemas como a natureza da felicidade, o casamento de comenencia, o motivo da malcasada, a decadencia da fidalguía ou o amor por interese fronte ao amor sentimento.

A singularidade da obra non radica, pois, nos temas seleccionados senón no seu tratamento escénico e artístico. A integración de elementos populares e tradicionais coas novas formas do teatro europeo do momento supoñen unha proposta para crear un teatro galego da arte e teñen maior significación histórico-literaria que o tema en si.

Por outra banda, o tratamento faise en clave de farsa: alternancia de elementos tráxicos, cómicos e traxicómicos.


Departamento de Lingua e Literatura galegas

Tratamento previo: Introdución xeral á linguaxe teatral. Lectura dramatizada na clase.

Obxectivos: Lectura e análise literaria.

Avaliación: Análise dun fragmento.

Contidos curriculares: Análise e interpretación de textos literarios.


Outros de departamentos

MM

Número de exemplares na Biblioteca

  • CASTELAO, Daniel Alfonso R.: Cousas /Alfonso R. Castelao ; edición de Manuel Rosales. --Vigo : Galaxia. --122 p. : il.; 20 cm. --Literaria; 13. ISBN 84-8288-781-5. 6 exemplares

Ligazóns

De elaboración propia

Ligazóns externas

Castelao : Magnífica aproximación a Castelao na Galipedia

Ilustracións de Cousas Dixitalización dos debuxos orixinais de Castelao para as Cousas no Museo de Pontevedra.