Na noite estrelecida

De Wiki Aller
Revisión feita o 29 de novembro de 2010 ás 19:05 por 10.0.1.98 (Conversa) (Nova páxina: "'''Na noite estrelecida''' (1926) representa a culminación da poesía narrativa de '''Ramón Cabanillas'''. Nela, o poeta aborda a temática artúrica desde uns presupostos que reve...")
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)

Na noite estrelecida (1926) representa a culminación da poesía narrativa de Ramón Cabanillas. Nela, o poeta aborda a temática artúrica desde uns presupostos que revelan a súa afinidade co ideario das Irmandades, e, sobre todo, coa visión de Vicente Risco en defensa dos valores espirituais e atlantistas do galeguismo. Na obra converxen celtismo, arturismo e medievalismo. A saudade como sentimento étnico e o sentimento da paisaxe como símbolo transcendente entroncan co pensamento de Risco. A estética modernista (expresada no gusto pola sinestesia, a requintada linguaxe ou a métrica con predominancia de alexandrinos) inscríbense no proxecto de europeización da cultura galega e de enriquecemento lingüístico que impulsa o grupo Nós.