Merlín e familia

De Wiki Aller
Revisión feita o 26 de novembro de 2010 ás 15:32 por 10.0.1.98 (Conversa) (Nova páxina: " No Merlín e familia de Álvaro Cunqueiro, podes atopar historias breves e completas, pois cada capítulo resolve un caso especial. Con Felipe de Amancia, paxe de Merlín que relata...")
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)

No Merlín e familia de Álvaro Cunqueiro, podes atopar historias breves e completas, pois cada capítulo resolve un caso especial. Con Felipe de Amancia, paxe de Merlín que relata en primeira persoa, o mago Merlín poñendo en práctica os seus poderes, con amigos, familiares e criados do mago... podes mergullarte na fantasía inmensa de Cunqueiro. A fina ironía, a unión de lendas e mitos populares e cultos, poden levarte a ambientes recreados con especial agarimo por un galego de mediados do século XX e pode reconciliarte co ambiente natural e máxico da Galiza pensada e soñada.