Axuda

De Wiki Aller
Revisión feita o 1 de febreiro de 2011 ás 20:12 por Servando (Conversa | contribucións)

Publicar nun wiki é moi sinxelo e rápido: de feito a palabra wiki significa 'rápido' en hawaiano.

Na parte esquerda da pantalla tes unha caixa sobre a que está escrito procura. Escribe nela o artigo que queiras ver e preme o botón Artigo.

  • Se existe, irás directo a el. Fai a proba escribino Merlín e familia.
  • Se non existe, verás un aviso no que che pide que crees ti o artigo (en cor vermella), preme nel e accederás ao editor, escribe nel (se creas un artigo sobre unha obra propoñémoste o seguinte esquema, que só terás que copiar, pegar no editor e substituír o que está escrito en maiúsculas polo que creas conveniente) e finalmente na parte inferior da páxina verás os botóns de Gardar a páxina e Mostrar a vista previa. Se estás rexistrado dálle a gardar, se non terás que pasar primeiro pola vista previa. é conveniente que traballes rexistrado. Para rexistrarte vai á ligazón rexistro da parte superior dereita da pantalla.

Para as diferentes cousas que se poden facer no editor podes ver o seguinte documento.