Tras do ceo
Tras do Ceo de Manuel Rivasé unha novela cualificada polos integrantes do Club de lectura LeAcasa do IES Ramón Mª Aller Ulloa de libro recomendábel para unha persoa adulta que sexa quen de entender a idiosincrasia do rural galego e o respecto polos animais, e que partindo dunha trama aparentemente sinxela se vai dirixindo a pasaxes violentas, mesturadas con escuridade, que en ocasións parecen quedar inconclusas e quizais cargadas dun exceso de temática desapiadada e inesperada que non resultan fáciles de ler. Unha crítica da sociedade actual, machista, corrupta, sen ética nin escrúpulos, na que o fío condutor, o gran Dombodán, vai cambiando ao longo da novela, por caso a percepción clásica de xénero que ten das mulleres, sobre todo de súa irmá....
Índice
Departamento de Lingua galega e Literatura e Club de Lectura
Tratamento previo: Información sobre a novela.
Obxectivos: Lectura comprensiva. Lectura e análise literaria.
Avaliación: Debate aberto.
Contidos transversais: .
Outros de departamentos
Número de exemplares na Biblioteca
- RIVAS,Manuel: Tras do Ceo. Xerais. Vigo: 2024. -209 p.; 23 cm. (Xerais Narrativa; 533) ISBN 978-84-1110-572-9 6 exemplares.
Notas
Ligazóns
De elaboración propia
[1] de Tras do Ceo