Bícame, Frank
De Wiki Aller
Revisión feita o 1 de abril de 2019 ás 18:06 por Servando (Conversa | contribucións) (Engado Kategorie:PMAR mediante HotCat)
Bícame, Frank
Curso
3º PMAR
Carácter
Obrigatorio
Materia
ALS
Departamento
PMAR
Temporalización
3ª avaliación
Todo comeza co roubo do manuscrito de "Vento mareiro", de Cabanillas, e despois co dun valioso papiro exipcio vinculado ás revoltas da primavera árabe. Demasiada xente quere o papiro, ao prezo que sexa...
Soutelo sospeita que todo ten que ver coa aparición dun cadáver sen mans na praia da Lanzada. Coa súa retranca característica. Miguel Anxo Fernández bota unha ollada aceda sobre a actualidade do país nunha novela que consolida a Soutelo como o detective máis activo do panorama literario galego.
Pero esta non é máis cá quinta entrega dunha serie de novelas protagonizadas polo detective Frank Soutelo. Velaquí as outras catro (témolas na biblioteca):
- Un nicho para Marilyn. Galaxia. Vigo, 2002. Edición corrixida e ampliada en 2012.
- Luar no inferno. Galaxia. Vigo, 2006.
- Tres disparos e dous friames. Galaxia. Vigo, 2008.
- Lume de cobiza. Galaxia. Vigo, 2011.
Índice
Departamento de PMAR
- Tratamento previo: Introdución á obra e ao xénero policíaco
- Obxectivos:
- Avaliación: Contestar un cuestionario de control de lectura na Aula Virtual no Centro.
- Contidos curriculares:
- Contidos transversais:
Outros departamentos
Número de exemplares na Biblioteca
- FERNÁNDEZ, Miguel Anxo (2013): Bícame, Frank. Galaxia. 2 exemplares na biblioteca.