Fábula galénica

De Wiki Aller
Revisión feita o 24 de outubro de 2017 ás 12:43 por Servando (Conversa | contribucións)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Fábula galénica
miniatura da obra
Curso
2º de ESO
Carácter
Obrigatorio
Materia
Lingua galega e literatura 2º
Departamento
Lingua galega e Literatura
Temporalización
1ª (2ºAB) e 3ª (2ºC) avaliacións


Fábula galénica de Inacio e con ilustracións de Óscar Villán, obra galardoada co VIII Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques, mergúllanos nun mundo onde «hai animais que falan como as persoas e persoas que se comportan como animais», como reza na presentación de Baía Edicións. En síntese, a peza conta as aventuras do burro da tía Lola, personaxe inmortalizado polos gaiteiros Os Dezas de Moneixas no pasodobre do mesmo nome. Ao tempo, a través da áxil frescura dos seus diálogos, cóntasenos como na parroquia de Catasós os seus habitantes ven reducidos os seus recursos pola actitude déspota do Rei Don Cardo, o que obriga o Burro Eduardo xunto coa raposa, o lobo e o regato a organizárense na súa loita contra o Rei para recuperar a vida da fraga e a súa contorna. Deste modo,Fábula Galénica vén sendo unha metáfora das actuais desordes económicas, ao mesmo tempo que informa dunha forma divertida sobre a importancia do respecto polo medio ambiente, da importancia da amizade e da honradez; valores necesarios perante unha sociedade egoísta e consumista.

Departamento de Lingua galega e Literatura

Tratamento previo: Ambientación xeral. Introdución á literatura xuvenil.

Obxectivos: Lectura comprensiva. Lectura literaria.

Avaliación: Debate aberto. Control escrito.

Contidos transversais: .

Outros de departamentos

Número de exemplares na Biblioteca

  • INACIO: Fábula galénica. Baía Edicións. A Coruña: 2011. -60 p.; 21 cm. (Barriga Verde; 10) ISBN 978-84-92630-93-6 6 exemplares.

Notas

Ligazóns

De elaboración propia

Ligazóns externas