Corredora
Genet Mullugueta naceu nunha aldea de North Wolloh en Etiopía. Dende noviña o que máis lle gustaba era correr e correr polo ventre da montaña. Mais a fame, a guerra e a figura do pai obrígana a acompañar a súa nai e a pedir esmola polas rúas inseguras e caóticas de Addis Abeba. Alí, vendendo panos nos cruzamentos, Genet coñeceu a Abebe, un médico e voluntario da federación de atletismo que, sorprendido coa súa resistencia e velocidade, lle propón adestrar en Meskel Square. Dende entón, a súa vida mudará, como a doutras nenas, mozas e mulleres etíopes que corren contra si mesmas sen fin.Corredora é unha historia colectiva de superación deportiva. Recolle a tradición atlética de Etiopía na busca activa de talentos entre as crianzas do rural ou empobrecidas nas cidades[1].
Índice
Departamento de Lingua Galega
Tratamento previo: Ambientación xeral. Introdución á literatura xuvenil.
Obxectivos: Lectura comprensiva. Lectura literaria.
Avaliación: Debate aberto. Control escrito.
Contidos transversais: .
Outros departamentos
Número de exemplares na Biblioteca
- REIMÓNDEZ, María: Corredora. Xerais. Vigo: 2017. -104p.; 21 cm. (Merlín; ?) ISBN 978-84-9121-218-8 1 exemplar.