Neandertal

De Wiki Aller
Revisión feita o 27 de setembro de 2017 ás 21:03 por Servando (Conversa | contribucións) (Notas)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Neandertal
miniatura da obra
Curso
PDC 3º
Carácter
Opcional en listaxe obrigatoria
Materia
ALS
Departamento
PDC
Temporalización
2ª avaliación.


Unha caverna europea, hai máis de 50.000 anos. Laghu é o artesán da tribo dos Torsos Vermellos. A súa habilidade para fabricar armas é portentosa, pero nunca poderá ser cazador, a súa perna eivada impídello.

Con todo, cando o mítico bisonte Barbalonga causa a morte de seu pai e de seu irmán, Laghu xura dar caza a ese animal como vinganza. Pero o resto de membros da tribo non están de acordo, cousa que obrigará a Laghu a abandonar a súa caverna e aventurarse en busca de novos aliados.

Roudier, gran apaixonado da arqueoloxía, preséntanos unha emocionante historia de aventuras protagonizada por diversas tribos de neandertais, e fantasea así sobre como debeu de ser a existencia desta raza extinta que precedeu ao Homo Sapiens sobre a face da terra[1].


Departamento de PDC

  • Tratamento previo: Presentación da obra e do autor, así como da época que reflicte.
  • Obxectivos: Ilustrar ese período histórico e activar a lectura de banda deseñada.
  • Avaliación: Cuestionario na Aula Virtual do centro.
  • Contidos curriculares: A prehistoria, a hominización, a banda deseñada.
  • Contidos transversais: Educación visual.

Outros departamentos

Número de exemplares na Biblioteca

  • ROUDIER, Emmanuel (2012): Neandertal. Norma editorial. ISBN 978-84-679-0860-2. 1 exemplar na biblioteca.

Ligazóns

De elaboración propia

Ligazóns externas

Notas

  1. texto tomado da páxina de Norma editorial