O futuro roubado

De Wiki Aller
Revisión feita o 5 de xaneiro de 2016 ás 17:06 por Paio (Conversa | contribucións)
O futuro roubado
miniatura da obra
Curso
2º de ESO
Carácter
Obrigatorio
Materia
Lingua galega e literatura 2º
Departamento
Lingua galega e Literatura
Temporalización
1ª, 2ª e 3ª avaliacións


O futuro roubado de Ramón Caride Ogando mergúllanos nunha sucesión de temas que xiran arredor das viaxes no tempo, a ecoloxía, a corrupción, o caciquismo, a liberdade de prensa, o indixenismo, a protección do patrimonio cultural ou a introdución nas TIC; e todo a través dun narrador en primeira persoa, en base a tres voces: Irina (unha amiga que fica pampa pola desaparición dos protagonistas), Said e Sheila, que van deitando, como se dun diario se tratar, no ordenador o que observan. Estes últimos, dous rapaces do futuro, sorprendidos por un estraño terremoto, acaban caendo por unha fenda do espazo-tempo, que os leva ao pasado (ano 2000); sendo testemuñas duns feitos desagradábeis, o que os leva a adoptar unha postura solidaria cos indios da selva amazónica, participando daquela na loita pola defensa da Terra. Desta maneira, Said e Sheila convértense en defensores do medio ambiente e da xustiza, enfrontándose a poderosos grupos que, movidos só por intereses económicos, buscan destruír amplas zonas da beiramar, sen importarlles as desfeitas ecolóxicas e culturais que produzan. Ao cabo, han de resolver o seu problema: volver ao seu espazo-tempo..



Departamento de Lingua galega e Literatura

Tratamento previo: Ambientación xeral. Introdución á literatura xuvenil.

Obxectivos: Lectura comprensiva. Lectura literaria.

Avaliación: Debate aberto. Control escrito.

Contidos transversais: .

Outros de departamentos

Número de exemplares na Biblioteca

  • CARIDE OGANDO, Ramón: O futuro roubado. Xerais. Vigo: 2000. -151 p.; 19 cm. (Merlín; 98) ISBN 978-84-8302-522-1 3 exemplares.

Notas

Ligazóns

De elaboración propia

Ligazóns externas

Proxecto de lectura de Xerais

Ramón Caride Ogando na galipedia