Thermae Romae

De Wiki Aller
Revisión feita o 7 de outubro de 2015 ás 11:45 por Servando (Conversa | contribucións) (Engado Kategorie:Departamento de grego mediante HotCat)
Thermae Romae
miniatura da obra
Curso
3º ESO
Carácter
Obrigatorio
Materia
Cultura Clásica
Departamento
Grego
Temporalización
2ª avaliación


Lucius Modestus, un arquitecto da Roma clásica, perdeu a inspiración e non sabe como saír do paso. Acode ás termas esperando recibir a visita das musas, pero no canto diso atopa un portal espaciotemporal que o transporta a uns baños públicos xaponeses. Sempre adaptable, Lucius aproveita a inspiración recollida nestas viaxes para revolucionar a vida romana e conseguir o favor do emperador[1].

En español lévanse publicados seis números desta serie.

Departamento de Grego

  • Tratamento previo: Explicación das termas na vida dos romanos e, secundariamente, na dos xaponeses.
  • Obxectivos: Ilustración do tema correspondente do curriculum.
  • Avaliación: Cuestionario na Aula Virtual.
  • Contidos curriculares: A vida cotiá dos romanos.
  • Contidos transversais: .

Outros departamentos

Número de exemplares na Biblioteca

  • YAMAZAKI, Mari (2013): Thermae Romae. I. Norma editorial. Barcelona. 1 exemplar na biblioteca.

Notas

  1. Texto traducido da páxina da editorial neste enderezo http://www.normaeditorial.com/ficha/012730001/thermae-romae-01/

Ligazóns

De elaboración propia

Ligazóns externas