Usha
Usha de María Reimóndez foi finalista do Premio Merlín 2005. A novela preséntanos a unha nena, Uxía (Usha), que nos vai contando o decorrer da súa vida na India, despois de pasar as vacacións nas que acompañou a súa nai, unha médica que realiza labores de cooperación nunha ONG. Usha comparte con nós a experiencia do encontro coas novas palabras e un mundo totalmente diferente. Lonxe de Galicia e da familia, a rapaza atopará o apoio dunha veciña e amiga, Lakshmi, en quen descobre a madurez necesaria para sobrevivir. A pequena irá descubrindo as inxustizas, a maneira en que a nai se enfronta a elas e os perigos que corren como consecuencia deses actos.
A novela é todo un mosaico de temas expostos de xeito directo ou indirecto para a análise das competencias básicas do alumnado. Temas como a confianza, o problema demográfico, o multiligüismo e o plurilingüismo, as linguas minorizadas, a orixe e significado dos nomes, o esforzo académico, o pracer da lectura, o problema da escaseza de auga, a contraposición países desenvolvidos / países subdesenvolvidos ou en vías, a vivenda (baño, teléfono, electrodomésticos...), a familia monoparental, as diferenzas socias, a contraposición ensino público, ensino privado; a cultura culinaria hindú, os xogos tradicionais (chucas, carreiras...), o racismo e a xenofobia, a relación docente-discente, as relixións, os mitos, o correo, as tradicións, a vestimenta tradicional hindú, os primeiros amores, o choque cultural e lingüístico, a depresión, os matrimonios amañados, o machismo, o feminismo, a marxinación da muller, a medicina tradicional (ayurvédica), o fundamentalismo relixioso, a vestimenta como distinción étnica ou relixiosa, a flora tradicional (árbore neem), a lingua de identidade (lingua inicial ou non), o Prestige (desastre ecolóxico) o capitalismo, o papel patriarcal, a amizade...
Índice
Departamento de Lingua galega e Literatura
Tratamento previo: Ambientación xeral. Introdución á literatura xuvenil.
Obxectivos: Lectura comprensiva. Lectura literaria.
Avaliación: Debate aberto. Control escrito.
Contidos transversais: .
Outros de departamentos
Número de exemplares na Biblioteca
REIMÓNDEZ, María: Usha. Xerais. Vigo: 2006. -146 p.; 19 cm. (Merlín; 164) ISBN 978-84-9782-442-2 5 exemplares.