A sombra cazadora

De Wiki Aller
Revisión feita o 4 de febreiro de 2014 ás 23:23 por Paio (Conversa | contribucións)
A sombra cazadora
[[Image:A sombra cazadora.jpg|230|miniatura da obra]]
Curso
4º ESO
Carácter
Obrigatorio
Materia
Lingua galega e literatura 4º
Departamento
Lingua galega e literatura
Temporalización


Suso de Toro en A sombra cazadora preséntanos a historia de dous irmáns viven co seu pai, un comunicador, que fora unha grande estrela da televisión, arredados do mundo exterior. O pai grazas a un complexo proceso informático, logra reduplicar a súa imaxe para aparecer ao mesmo tempo en varios programas. Co tempo, este proceso revírase de tal xeito que a imaxe se apodera aos poucos de todo e tenta destruílo a el a á súa familia. Daquela o presentador emprende unha fuxida cara á ningures, que á fin se concreta no feito de trasladarse a vivir a unha casa illada do mundo exterior. Fóra da mesma hai unha ameaza constante para todos eles e que soamente o pai coñece. Isto, tras a morte do pai, fai que os dous fillos loiten para ter unha existencia propia, lonxe da imaxe. Todo vai desenvolvendo consonte a última advertencia do pai, recollida na contraportada do libro: “Maxinade que a vosa sombra se separa de vós e toma vida de seu. Maxinade que a imaxe do espello toma vida propia e actúa pola súa conta. Ha chegar un momento no que teñades dificultades”.


Departamento de Lingua e Literatura galegas

Tratamento previo: Introdución xeral á narrativa fantástica. Lectura comprensiva na clase.

Obxectivos: Lectura connotativa e análise literaria.

Avaliación: Análise expositiva e argumentativa.

Contidos curriculares: Análise e interpretación de textos literarios.


Outros de departamentos

MM

Número de exemplares na Biblioteca

  • TORO, Suso de: A sombra cazadora. --Santiago de Compostela :Xerais, 1994. --208 p.; 21 cm.-- (Fóra de xogo) ISBN 84-7507-841-9. 4 exemplares

Ligazóns

De elaboración propia

Guía de lectura de A sombra cazadora


Ligazóns externas

Suso de Toro na Galipedia, unha achega á obra de Suso de Toro.

Suso de Toro na BVG Suso de Toro na Biblioteca Virtual Galega.