Na noite estrelecida

De Wiki Aller
Revisión feita o 11 de xaneiro de 2014 ás 03:20 por Servando (Conversa | contribucións) (Ligazóns externas)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Na noite estrelecida
miniatura da obra
Curso
2º Bacharelato
Carácter
OBRIGATORIO
Materia
Literatura galega do S. XX
Departamento
Lingua galega e literatura
Temporalización
1ª avaliación


Na noite estrelecida (1926) representa a culminación da poesía narrativa de Ramón Cabanillas (Cambados, 1876 - 1959).

Nela, o poeta aborda a temática artúrica desde uns presupostos que revelan a súa afinidade co ideario das Irmandades, e, sobre todo, coa visión de Vicente Risco en defensa dos valores espirituais e atlantistas do galeguismo.

Na obra converxen celtismo, arturismo e medievalismo. A saudade como sentimento étnico e o sentimento da paisaxe como símbolo transcendente entroncan co pensamento de Risco.

A estética modernista (expresada no gusto pola sinestesia, a requintada linguaxe ou a métrica con predominancia de alexandrinos) inscríbense no proxecto de europeización da cultura galega e de enriquecemento lingüístico que impulsa o grupo Nós.

Departamento de Lingua e Literatura galegas

Carácter / nivel : Obrigatorio / Literatura galega do século XX - 2º BAC

Tempo: 1º trimestre

Tratamento previo: Introdución xeral á literatura de "Entre dous séculos". Lectura guiada.

Obxectivos: Lectura e análise literaria.

Avaliación: Análise dun fragmento.

Contidos curriculares: Análise e interpretación de textos literarios.

Outros de departamentos

MM

Número de exemplares na Biblioteca

  • CABANILLAS, Ramón: Na noite estrelecida /Ramón Cabanillas ; edición de Xosé Ramón Pena. --Vigo :Xerais, 1988. --100 p.; 19 cm. --(Biblioteca das letras galegas; ISBN 84-7507-345-X: 1 exemplar
  • CABANILLAS, Ramón: Obras completas, I /Ramón Cabanillas ; edición e notas de X. Alonso Montero. --Madrid :Akal, 1979. --429 p.; 18 cm. -- (Arealonga; 31) [Parte de obra completa: T.1] Contén: No desterro ; Vento mareiro ; Da terra asoballada ; O bendito San Amaro; Na noite estrelecida  ; A rosa de cen follas. ISBN 84-7339-435-6: 1 exemplar

Ligazóns

De elaboración propia

Ligazóns externas

fragmento da obra na Biblioteca Virtual Galega

Ramón Cabanillas na gl.wikipedia