Galván en Saor
Galván en Saor é unha novela de Darío Xohán Cabana. A obra, a través dun dobre plano temporal, mergúllanos no mundo mítico da Materia da Bretaña, centrándose nas aventuras galaicas de Galván, en reflexións sobre a lenda do Graal e sobre o Merlín, e describindo con realismo a batalla que pon fin a lenda do rei Artur. A historia xira arredor do personaxe do cabaleiro Galván e da súa estadía en Galiza. As alusións ao Merlín e familia de Álvaro Cunqueiro son claras, ao igual que á Morte do rei Artur de Thomas Malory. O Graal mesmo pode ser o do Cebreiro de Na noite estrelecida de Ramón Cabanillas.
O pouso ideolóxico tamén se deixa querer a través da alusión á nación celta galega ou ao histórico reino independente de Galiza, na persoa de Don García, personaxe clave de Morte de rei (1996),a posterior novela de Darío Xohán Cabana.
Índice
Departamento de Lingua e Literatura galegas
Carácter / nivel : Obrigatorio / 1º BAC
Tempo: 1º/2º trimestre
Tratamento previo: Introdución xeral á época. Guía de lectura.
Obxectivos: Lectura literaria. Lectura comprensiva.
Avaliación: Control escrito.
Contidos curriculares: Análise e interpretación de textos literarios.
Contidos transversais: A solidariedade.
Número de exemplares na Biblioteca
CABANA, Darío Xohán: Galván en Saor. -Vigo : 1989. -135 p.; 21 cm. (Literaria; 222.) ISBN 84-7507-431-6: ? exemplares
Ligazóns
De elaboración propia
Guía de lectura de Galván en Saor
Ligazóns externas
[O Galván fala das aventuras artúricas pero tamén fala de nós], entrevista con Darío Xohan Cabana
A materia de Bretaña na Galipedia
Galaván = Gauvain na Galipedia