Irmán Rei Artur
Irmán Rei Artur mergúllanos na temática da materia da Bretaña. Carlos G. Reigosa constrúe a historia arredor do amor, a amizade, o poder, a xustiza, o concepto de liberdade, a ética...; temas desenvolvidos a partir dos personaxes de Artur, Lanzarote ou o mago Merlín... “A tentación de Lanzarote”, “Amor de Merlín” e “A morte do Rei Artur” son as tres historias que conforman a achega á reconstrución, unha vez máis, das míticas lendas relacionadas cos cabaleiros da Táboa Redonda. Desde o problema de moralidade de Lanzarote, pasando polo namoramento de Merlín, símbolo da súa derrota persoal, ata o desenlace tráxico que se concreta na morte de Artur , ou como se sinala ao final da novela, da súa ausencia “por mor das fatigas desta vida” mais que “volverá axiña”.
Índice
Departamento de Lingua e Literatura galegas
Carácter / nivel : Obrigatorio / 3º ESO
Tempo: 2º trimestre
Tratamento previo: Introdución xeral á época. Debate na aula.
Obxectivos: Lectura literaria. Lectura comprensiva.
Avaliación: Control escrito.
Contidos curriculares: Análise e interpretación de textos literarios.
Contidos transversais: O concepto de liberdade, a amizade, a xustiza e o poder ou a ética cidadá.
Outros de departamentos
MM
Número de exemplares na Biblioteca
REIGOSA, Carlos G.: Morte de Rei. -Vigo : 1987. -153 p.; 21 cm. (Fóra de Xogo; 53.) ISBN 84-8302-606-6: 4 exemplares
Ligazóns
De elaboración propia
Ligazóns externas
[[1]], unha achega á figura mítica do Rei Artur. [[2]], unha interesante reflexión sobre a mago Marlín. [[3]], información sobre o personaxe de Lanzarote.
A materia de Bretaña na Galipedia