Cantigas medievais galego-portuguesas

De Wiki Aller
Revisión feita o 6 de decembro de 2011 ás 10:42 por Mario (Conversa | contribucións)


Cantigas medievais galego-portuguesas
miniatura da obra
Curso
1º de bacharelato
Carácter
Lectura de consulta obrigatoria
Materia
Lingua galega e literatura I
Departamento
Departamento de lingua galega e literatura
Temporalización


A base de datos desenvolta polo Projeto Littera supón o máis amplo e logrado esforzo para difusión do cancioneiro medieval galego-portugués. A base proporciona:

  • A totalidade (case 1860) das cantigas medievais profanas.
  • Unha pequena e precisa información sobre cada autor.
  • As imaxes dos manuscritos que as conservan.
  • A música: tanto a medieval, como as versións actuais de diversas cantigas.

Para facilitar a súa interpretación, os textos acompáñanse de:

  • Glosario.
  • Encadramento histórico.
  • Notas onomásticas (toponimia, antroponimia...)
  • Notas explicativas daqueles versos cuxa lectura pode resultar máis difícil.
  • Esquema dos aspectos formais máis básicos de cada cantiga.


Finalmente, cada texto leva consigo unhas propostas de lectura e/ou interpretación.



Departamento de Lingua e Literatura galegas

Carácter / nivel : Obrigatorio / 1º BAC

Tempo: 1º trimestre

Tratamento previo: Introdución xeral ao cancioneiro medieval. Obxectivos: Lectura literaria. Lectura comprensiva.

Avaliación: Edición dunha antoloxía de 20/30 cantigas por parte do alumnado, organizado individualmente ou en parellas.

Contidos curriculares: Análise e interpretación de textos literarios.

Contidos transversais: .


Outros departamentos

Ligazóns

De elaboración propia

Ligazóns externas

Cantigas medievais galego-portuguesas do Projeto Littera