Erros e tánatos
Erros e tánatos é un libro de relatos de Gonzalo Navaza, publicado por Xerais en 1996.
Son relatos artellados a partir do engano, da inxenuidade ou da impostura tal e como se recolle na lapela da portada do libro. Relatos impregnados de humor e ironía, que nos conducen a finais sorprendentes. Dez relatos que nos sitúan no segundo lustro da década dos 40 e na década dos 50, no fondo un cadro de posguerra, con especial mención ao Lalín desa época, caso do relato (O home do saco), que nos serviu para facer unha recreación do crecemento urbanístico da vila. Gonzalo Navaza mostra unha notable solvencia no manexo dos diferentes recursos do conto, tales como o misterio, a fantasía ou o dramatismo... até mergullarnos nun mundo no que non todo é o que semella ser.
Índice
Departamento de Lingua e Literatura galegas
Tratamento previo: Contextualización histórico-cultural da época.
Obxectivos: Lectura literaria. Lectura comprensiva
Avaliación: Lectura, debate previo e posterior control escrito.
Contidos curriculares: Análise e interpretación de textos literarios.
Contidos transversais: Educación urbanística e para o desenvolvemento dos valores da condición humana.
Outros departamentos
Filosofía: Etnografía e antropoloxía, a partir do relato 'O home do saco'.
Número de exemplares na Biblioteca
NAVAZA BLANCO, Gonzalo: Erros e tánatos /Gonzalo Navaza. --Vigo : Xerais, 1996. --125 p.; 21 cm. (Literaria; 121.) ISBN 84-8302-993-6: 11 exemplares
Ligazóns
De elaboración propia:
Unha viaxe por Lalín a través do tempo (Guía fotográfica)
Exposición fotográfica que en imaxes tenta reflectir o contraste entre o Lalín d'O Home do saco (anos 50-60) e o actual. Material elaborado por Xosé Paio, Mario Pereira e Carlos Miguez (fotos), a partir do periplo do protagonista do relato 'O home do saco'. Formato Issuu.
Ligazóns externas:
Gonzalo Navaza no portal da BVG
Gonzalo Navaza Blanco no portal Galipedia
Aquí podes ler o conto De como meu irmán Lucas non se fixo fotógrafo de Gonzalo Navaza.