Cartas de inverno
En Cartas de inverno, Agustín Fernández Paz inclúe elementos da novela de terror do estilo de Edgar Allan Poe ou H.P. Lovecraft (ao que fai mención explícita), caso de casas antigas encantadas ou seres realmente estraños. Tamén inclúe elementos propios da cultura galega: ademais de falar da arquitectura románica, do castelo de Andrade e de petróglifos, fala de mitos como o da Santa Compaña.Válese para iso dun estilo áxil e directo que tenta turrar pola persoa lectora para apoderarse dela e mergullala no fío narrativo, coa fin de facela partícipe do misterio e o medo que rematan por apoderarse dos personaxes e quizais do propio lector.
Índice
Departamento de Lingua e Literatura galegas
Tratamento previo: Introdución xeral ás tendencias da novela actual. Lectura comprensiva na clase.
Obxectivos: Lectura connotativa e análise literaria.
Avaliación: Análise dun fragmento e guión de traballo.
Contidos curriculares: Análise e interpretación de textos literarios.
Outros de departamentos
MM
Número de exemplares na Biblioteca
- FERNÁDEZ PAZ, Agustín: Cartas de inverno /Agustín Fernández Paz. --Vigo : Xerais. --115 p.; 20 cm. --Fóra de xogo; 6. ISBN 84-7507-890-7. ? exemplares