Novela de aprendizaxe

De Wiki Aller
Revisión feita o 12 de maio de 2011 ás 11:33 por Servando (Conversa | contribucións)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)

A expresión ten a súa orixe no termo alemán Bildungsroman, co significado literal de "novela de aprendizaxe ou de formación" e aplícase a aquela na que se mostra o desenvolvemento físico, moral, psicolóxico ou social dun personaxe, xeralmente desde a infancia ata madurez.

Trazos nítidos de "bildungsroman" xa aparecen no Renacemento, especialmente na novela picaresca. Un excelente exemplo é El lazarillo de Tormes, novela na que Lázaro aprende a defenderse na vida ao servizo de moitos amos.

O inicio do xénero adoita situarse no XIX coa novela de Goethe, A Aprendizaxe de Wilhelm Meister. Outras novelas emblemáticas do xénero no XX son:

Marcel Proust: Á procura do tempo perdido.

James Joyce: Retrato do artista adolescente. Daniel Defoe: Moll Flanders.

Thomas Mann: A montaña máxica. Hermann Hesse: Baixo as rodas.

A pesar de que a novela de aprendizaxe parece ter perdido peso desde a segunda metade do século XX, moitos dos seus elementos mantéñense en O vixía entre o centeo de Salinger ou en numerosas películas contemporáneas. Neste sentido podemos citar:

Na literatura galega actual:

Casas baratas de Antón Riveiro Coello

O pintor do sombreiro de malvas de Marcos Calveiro

Na literatura castelá actual: La sombra del viento de Carlos Ruiz Zafón