Os xemelgos

De Wiki Aller
Revisión feita o 15 de abril de 2011 ás 11:13 por Servando (Conversa | contribucións) (Número de exemplares na Biblioteca)


Os xemelgos
Curso
4º de ESO
Carácter
obrigatorio
Materia
Cultura Clásica
Departamento
Grego
Temporalización
3ª avaliación


Nesta obra de Plauto preséntanos un exemplo de comedia de equívoco: dous irmáns xemelgos sepáranse accidentalmente sendo pequenos xa que o pai levara a un deles a un negocio noutra cidade e o perdera na multitude. Este rapaz é adoptado por outra familia. En recordo do irmán perdido, múdanlle o nome ao que quedou na casa, polo que finalmente os dous se chaman igual: Menecmo.

Ao cabo dos anos un dos Menecmos emprende a busca do seu irmán, ao que atopa tras toda unha serie de equívocos coa muller do seu irmán, coa súa amante, o seu sogro, os seus escravos, etc.

Departamento de grego

  • Tratamento previo: Explicación na aula sobre o teatro greco-latino e a obra de Plauto.
  • Obxectivos: Ver a vida cotiá de gregos e romanos.
  • Avaliación: Cuestionario sobre a lectura.
  • Contidos curriculares: vida cotiá.
  • Contidos transversais: a situación da muller.

Outros departamentos

Número de exemplares na Biblioteca

  • LÓPEZ SILVA, Xosé Antonio trad. (2010): Plauto, Os xemelgos. Tradución, introdución crítica e guía de lectura. Andavira Editora. Santiago de Compostela. 1 EXEMPLAR.

Ligazóns

De elaboración propia

Ligazóns externas

[[Categoría:]]