O home do saco

De Wiki Aller
Revisión feita o 30 de novembro de 2010 ás 19:20 por 10.0.1.98 (Conversa) (Nova páxina: "O home do saco, dentro da mitoloxía tradional e universal, vén sendo o coco para asustar os nenos. O imaxinario popular percíbeo como un home alto, forte e desastrado, cun saco ao...")
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)

O home do saco, dentro da mitoloxía tradional e universal, vén sendo o coco para asustar os nenos. O imaxinario popular percíbeo como un home alto, forte e desastrado, cun saco ao lombo para levar os nenos e facerlles quen sabe que maldades. Como sinalan Xoán R. Cuba, Antonio Reigosa e Xosé Miranda no seu Diccionario dos seres míticos galegos, tende a confundirse co sacaúntos e co chupasangues. Neste mesmo dicionario indícasenos que se corresponde coa figura feminina de Mariamanta. Méndez Ferrín no seu conto "Os homes e a noite" recolle a dous sacaúntos ou dous homes do saco que se pelexan.