DEfecto 2000
dEfecto 2000 (2000) é unha antoloxía de poetas que deron ao prelo o seu primeiro libro na década dos noventa.
O alcance e os límites da antoloxía establécense na propia introdución:
Esta antoloxía que propoñemos é só unha das antoloxías posíbeis. É máis, entendemos que só se trata da antoloxía na que os membros do consello editorial de Letras de Cal fomos quen de confluír, e isto despois dunha nada fácil discusión e posta en común. É, logo, unha antoloxía de lectores e lectoras, e non a típica escolla que depende da perspectiva crítica dalgún profesional da literatura. Nós víamoslle a facelo así, cando menos neste momento, máis vantaxes que inconvenientes.
Dos case cen poetas subsceptíbeis de apareceren, o consello editorial de Letras de Cal seleccionou algo menos da cuarta parte. Estes son os representados:
Marilar Aleixandre, Fran Alonso, Yolanda Castaño, María do Cebreiro, Xabier Cordal, Emma Couceiro, Estevo Creus, Marta Dacosta, Eduardo Estévez, Celso Fdez. Sanmartín, Lupe Gómez, María Lado, Igor Lugrís, Olga Novo, Manuel Outeiriño, Chus Pato, Isolda Santiago, Sechu Sende, Francisco Souto, Miro Villar, Rafa Villar.
Índice
Departamento de Lingua e Literatura galegas
Tratamento previo: Introdución xeral á poesía galega dos 90.
Obxectivos: Lectura e análise literaria.
Avaliación: Elaboración dun monográfico sobre unha das voces poéticas recollidas no libro.
Contidos curriculares: Análise e interpretación de textos literarios.
Número de exemplares na Biblioteca
dEfecto 2000 : antoloxía de poetas dos 90 .-- [Santiago de] Compostela : A.C. Amaía, 1999. 138 p. ; 21 cm .-- ( Letras de cal) -- ISBN 84-922620-9-5 1 exemplar
Ligazóns
De elaboración propia
Ligazóns externas
Edición facsímile dixitalizada por Eduardo Estévez, de descarga libre desde o sitio do Consello da Cultura Galega