Senlleiras

De Wiki Aller
Revisión feita o 4 de xaneiro de 2021 ás 13:23 por Paio (Conversa | contribucións)
Senlleiras
[[Image:Senlleiras.jpg|230|miniatura da obra]]
Curso
1º de Bacharelato
Carácter
Obrigatorio
Materia
Lingua galega e literatura I
Departamento
Lingua galega e Literatura
Temporalización
2ª avaliación


En Senlleiras de Antía Yáñez, Premio Illa Nova de Narrativa 2018, abórdase, desde as primeiras páxinas, un obxectivo moi diáfano como é o de evidenciar e denunciar, a través dun exercicio de ficción, as secuelas que xera a violencia machista, onte e hoxe. Para iso Yáñez bota man de xéneros diferentes cos que esta literatura realista se enriquece como son, por exemplo, trazos da novela detectivesca pois o argumento parte da morte dunha influencer e, en boa medida, o seu desenvolvemento procura atopar unha explicación á súa estraña desaparición. Ao tempo hai espazo para, en certa maneira, incorporar elementos  da novela  histórica, a través dun argumento parello ao contemporáneo e marcado polos malos tratos, e outros de filiación fantástica ou, se querer, relacionados co ámbito do sobrenatural.Ademais, Senlleiras opta por un xogo heteroxéneo en canto aos puntos de vista narrativos, exhibe un contrapunto atinado na evolución das liñas argumentais e agrega un corpus relevante de textos que van de retallos doutras pezas literarias a outros xornalísticos -moi interesante resulta a recuperación da figura da articulista Corona González-, sen obviar a funcionalidade e importancia que teñen as novas tecnoloxías no ámbito da comunicación interpersoal e colectiva hoxe en día. Apenas, ao meu ver, un elemento pode embazar unha moi digna novela como é a ruptura das convencións lingüísticas adoptadas con normalidade para personaxes que, por unha razón ou outra, non empregan o galego, sospeito que pola intención de verosimilitude, aínda que existen outros recursos. Dun ou doutro xeito Senlleiras é unha novela probablemente necesaria que trata con transparencia e efectividade a vagarosa construción desa arañeira que invisibiliza e anula neste caso a dúas mulleres, pero tamén outras moitas máis. Unha proposta, en fin, necesaria para activar a reivindicación e para concienciar da verdadeira e tráxica dimensión social da violencia machista exercida contras as mulleres  Nela fálase de cadeas dunha prisión que non son de ferro: son moito máis sutís e convén coñecelas.

cadernodacritica.wordpress.com




Departamento de Lingua galega e Literatura

Tratamento previo: Ambientación xeral. Introdución á literatura xuvenil.

Obxectivos: Lectura comprensiva. Lectura literaria.

Avaliación: Debate aberto. Control escrito.

Contidos transversais: .

Outros de departamentos

Número de exemplares na Biblioteca

  • YÁÑEZ,Antía: Senlleiras. Galaxia. Vigo: 2018. -353 p.; 21 cm. (Literaria; 373) ISBN 978-84-9151-190-8 5 exemplares.

Notas

Ligazóns

De elaboración propia

Guía de lectura de O xardineiro dos ingleses

Ligazóns externas