A miña planta de laranxa lima

De Wiki Aller
Revisión feita o 19 de setembro de 2016 ás 19:24 por Paio (Conversa | contribucións)
A miña planta de laranxa lima
miniatura da obra
Curso
2º de ESO
Carácter
Obrigatorio
Materia
Lingua galega e literatura 2º
Departamento
Lingua galega e literatura
Temporalización
1ª, 2ª e 3ª avaliacións


A miña planta de laranxa lima (título orixinal: Meu pé de laranja lima) é a novela máis coñecida de José Mauro de Vasconcelos (Rio de Janeiro, 1920 — São Paulo, 1984). Desde a súa aparición en 1968, logrou unha gran difusión no Brasil e traduciuse a máis de 30 idiomas. Ademais, foi adaptada ao teatro, ao cine e á televisión (deu pé a tres telenovelas).

A editora soubo precisar as tres dimensións do libro: “É desas escasas obras que se venden por milleiros e que gustan a adolescentes, pequenos e grandes. Eloxiada pola crítica e considerada unha das mellores creacións de literatura infantil e xuvenil de todos os tempos, o seu autor, José Mauro de Vasconcelos, ocupa o espazo reservado para aqueles escritores que saben chegar ó corazon do lector sen más artimañas que a de facer boa literatura”.

Xavier Alcalá [1] conseguiu sintetizar a súa cuarta dimensión: "Meu pé de laranja lima xurdiu na conversa daquela noite carioca como exemplo da crueldade cos nenos que sobran nun país onde o pobo fai moito fillo. A historia do Zezé -da súa arboriña de laranxa lima, da familia que batía nel e do Portugal que o afillou- é un berro lírico contra a inxustiza das diferenzas entre os que nacen desexados e os que, como o Zezé lle di á mai, non debían ter nacido."


Departamento de Lingua e Literatura galegas

Tratamento previo: Ambientación xeral. Orientacións de lectura.

Obxectivos: Lectura comprensiva. Lectura literaria.

Avaliación: Debate aberto. Control escrito.

Contidos transversais: Traballo infantil. Construción da personalidade.

Outros de departamentos

Número de exemplares na Biblioteca

VASCONCELOS, José Mauro: A miña planta de laranxa lima / José Mauro de Vasconcelos ; ilustracións, Fernando Alonso Andújar ; tradutora, Mª Isabel Cornes Ríos .-- A Coruña : Primerapersona, D.L. 2003. 241 p. : il. bl. y n. ; 21 cm --ISBN 84-95923-78-5. 12 exemplares

Notas

  1. ALCALÁ, Xavier (2004): "O Zezé no Impaís" en La Voz de Galicia (5-6-2004. http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2004/06/05/2743733.shtml

Ligazóns

De elaboración propia

Ligazóns externas

José Mauro de Vasconcelos na pt.wikipedia

Adaptacións cinematográficas en Youtube