Xa non estou aquí

De Wiki Aller
Revisión feita o 26 de setembro de 2017 ás 17:05 por Paio (Conversa | contribucións)
Xa non estou aquí
miniatura da obra
Curso
2º de ESO
Carácter
Obrigatorio
Materia
Lingua galega e literatura 2º
Departamento
Lingua galega e Literatura
Temporalización
2ª avaliación


Xa non estou aquí a primeira novela de Iria Misa, Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2016, conforma unha achega sociolóxica ao complexo mundo da adolescencia, enmarcado na conflitiva desaparición da súa protagonista adolescente. A historia, chea de verosimilitude e transparencia, amósanos de xeito fragmentario e áxil o conflitivo mundo da súa protagonista, Ánxela, quen se converte en símbolo desa encrucillada que por veces se presenta nun momento difícil da vida. As vivencias e experiencias que se relatan e contrastan, os puntos de vista por veces encontrados pero reveladores, van construíndo un mundo de ficción que se alicerza nunhas engaiolantes páxinas iniciais onde se sobrevoan espazos e presenzas por alguén ausente que, xustamente, vai outorgarlle sentido á propia novela, a través dun forte sentimento cheo de emotividade para afondar, xustamente, nos límites da existencia cando se procura un espazo propio e se cuestionan, nunha época de construción, os signos da propia identidade, onde nace o medo a asomarse ao que hai máis alá do coñecido (tal e como se deita en cadernodacritica.wordpress.com).



Departamento de Lingua galega e Literatura

Tratamento previo: Ambientación xeral. Introdución á literatura xuvenil.

Obxectivos: Lectura comprensiva. Lectura literaria.

Avaliación: Debate aberto. Control escrito.

Contidos transversais: .

Outros de departamentos

Número de exemplares na Biblioteca

  • MISA,Iria: Xa non estou aquí. Xerais. Vigo: 2016. -211 p.; 21 cm. (Fóra de xogo; 167) ISBN 978-84-9121-103-7 6 exemplares.

Notas

Ligazóns

De elaboración propia

Ligazóns externas

Xa nou estou aquí

Iria Misa na Galipedia