Os xemelgos

De Wiki Aller
Revisión feita o 15 de abril de 2011 ás 10:10 por Servando (Conversa | contribucións) (Nova páxina: " {{Infobox Obra |titulo = Os xemelgos |foto = ARQUIVO COA FOTO DA PORTADA |curso = 4º de ESO |caracter = obrigatorio |materia = Cultura Clásica |departamento = Grego |temporalizaci...")
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)


Os xemelgos
Curso
4º de ESO
Carácter
obrigatorio
Materia
Cultura Clásica
Departamento
Grego
Temporalización
3ª avaliación


Nesta obra de Plauto preséntanos un exemplo de comedia de equívoco: dous irmáns xemelgos sepáranse accidentalmente sendo pequenos xa que o pai levara a un deles a un negocio noutra cidade e o perdera na multitude. Este rapaz é adoptado por outra familia. En recordo do irmán perdido, múdanlle o nome ao que quedou na casa, polo que finalmente os dous se chaman igual: Menecmo.

Ao cabo dos anos un dos Menecmos emprende a busca do seu irmán, ao que atopa tras toda unha serie de equívocos coa muller do seu irmán, coa súa amante, o seu sogro, os seus escravos, etc.

Departamento de grego

  • Tratamento previo: Explicación na aula sobre o teatro greco-latino e a obra de Plauto.
  • Obxectivos: Ver a vida cotiá de gregos e romanos.
  • Avaliación: Cuestionario sobre a lectura.
  • Contidos curriculares: vida cotiá.
  • Contidos transversais: a situación da muller.

Outros departamentos

Número de exemplares na Biblioteca

  • LÓPEZ SILVA, Xosé Antonio trad. (2010): Plauto, Os xemelgos. Tradución, introdución crítica e guía de lectura. Andavira Editora. Santiago de Compostela.

Ligazóns

De elaboración propia

Ligazóns externas

[[Categoría:]]